usuario

contraseña

 

| Olvidé mi contraseña

| Alta de nuevo usuario

 

sala de prensa

 

El INEGA publica un estudio de ahorro energético en barcos pesqueros

06/04/2010


El estudio se hizo en tres tipos de barcos, de pesca litoral, artesanal y de altura. Del resultado de las 98 auditorías realizadas se concluye que la introducción de determinados mecanismos o el cambio de algunos protocolos darían lugar a un ahorro energético de entre un 4% y un 48% en los buques.

Por ejemplo, según explica Eliseo Diéguez, director del INEGA, la disminución de la velocidad de navegación supondría un 4,8% de ahorro medio energético, lo que equivale al 18.581 litros de gasoil menos. Otras medidas interesantes serían la sustitución del cable de arrastre de acero por otro fabricado en fibra orgánica de elevada resistencia y bajo peso, la sustitución del sistema convencional de iluminación de las cocinas, o el aprovechamiento del calor residual para el calentamiento del agua. Con estas medidas se alcanzan ahorros de entre el 4% y el 48% .

Aun así, tal y como reconoce Diéguez, son difíciles de poner en marcha –sobre todo porque la pesca atraviesa una situación difícil- y tendrá que realizarse de forma paulatina. También recuerda la existencia de varias líneas de ayuda del INEGA, que alcanzan el 75% para la elaboración de auditorías energéticas y el 20% para aplicar esas medidas de ahorro y eficiencia a los barcos.



UN ESTUDO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CONCLÚE QUE OS BUQUES PESQUEIROS PODEN CHEGAR A AFORRAR ANUALMENTE MÁIS DE 73.000 LITROS DE COMBUSTIBLE E PRETO DE 30.000 EUROS



.- Ata un 48% de aforro anual e un aforro de combustible de máis de 73.000 litros, o que cuantificado en termos económicos significa uns 30.000 euros e en aforro de emisións equivale á redución de ata un máximo de 215 toneladas de CO2 á atmosfera son os resultados de optimización enerxética que pode chegar a alcanzar un buque pesqueiro galego mediante a aplicación dun conxunto de medidas para reducir o custo enerxético.



Así se desprende das conclusións dun estudo realizado en base a un convenio que o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ente dependente da Consellería de Economía e Industria, desenvolveu, no marco de colaboración co IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía), co Centro Tecnolóxico da Pesca (Cetpec) para potenciar a eficiencia enerxética no sector da pesca, e que hoxe foron dadas a coñecer polo director do Inega, Eliseo Diéguez García, en Celeiro, ante representantes do sector. A achega do Inega, do 70% , o que supuxo en total 464.000 euros, foi fundamental para poder levar a cabo a materialización das actuacións, correndo o restante 30% por conta do Cetpec e dos propietarios das embarcacións auditadas.



Estas cifras de aforro acadable obtivéronse tras realizar unha completa análise do sector consistente na realización dun total de 98 auditorías enerxéticas a buques de pesca nun total de 25 portos da xeografía galega (Aldán, Arcade, Baiona, Bueu, Burela, Celeiro, Camariñas, Cambados, Camelle, Cangas, Cíes, Corcubión, Corme, Grove, A Guarda, Laxe, Lira, Malpica, Marín, Muros, Pedras Negras, Redondela, Riveira, San Cibrao e Viveiro). Deste xeito puidéronse recoller datos procedentes de buques que faenan en diversos caladoiros, o que permitiu ter un estudo enerxético detallado das diferentes artes de pesca que operan en Galicia.



O obxectivo destes estudos é o de coñecer en detalle o gasto enerxético dos distintos tipos de barcos e propoñer melloras para diminuílo, co fin de facer máis competitiva a flota pesqueira galega, proporcionándolle ferramentas para afrontar dun modo máis eficiente a problemática derivada do alto custo do combustible e da caída dos prezos do peixe en primeira venda.



Co obxectivo de auditar de forma axeitada os distintos tipos de buques e artes de pesca fíxose unha división en tres grupos, en función da eslora do barco: pesca de altura (que comprende buques cunha eslora de máis de 15 metros e nos que se distinguen, á súa vez, tres categorías: arrastreiros de litoral, arrastreiros de Gran Sol e palangreiros); pesca de litoral (eslora de 9 a 15 metros) e pesca artesanal (eslora de entre 6 a 8 metros). Do preto do cento de embarcacións auditadas, 24 corresponden á tipoloxía de pesca de altura; 14 á de pesca de litoral e 60 á de pesca artesanal.



Unha vez analizados os datos extraídos do case un cento de auditorías realizadas en pesqueiros propuxéronse unha serie de medidas a aplicar para reducir o consumo enerxético en cada sector da flota. A través da aplicación destas medidas de optimización enerxética pódense acadar aforros superiores ao 19% nos arrastreiros de litoral, o que se traduce nun aforro anual por barco superior aos de 73.000 litros de combustible, o que equivale a uns 30.000 euros e a unha redución de emisións de 215 toneladas de CO2 á atmosfera; dun 6% nos arrastreiros Gran Sol (47.000 litros, 19.000 euros e unha redución de 138 toneladas de CO2); dun 4% na pesca de litoral (1.400 litros, 574 euros e na non emisión de 4 toneladas de CO2) e dun 48% nos barcos de pesca artesanal (780 litros e 2.725 euros e un aforro de emisión de 5 toneladas de CO2).



Para a execución do devandito convenio, que supuxo un fito na realización de auditorías enerxéticas en barcos de pesca en Galicia e tamén en España e Europa, que son significativas polo seu desenvolvemento e polos resultados obtidos, instaláronse nos pesqueiros, co obxecto de poder levar adiante as auditorías enerxéticas, caudalímetros, isto é, medidores do consumo instantáneo de combustible, tanto no motor principal como nos motores auxiliares; rexistradores eléctricos para estudar a xeración e o consumo eléctrico do buque ao longo dunha marea; tacómetros e torsiómetros que miden as revolucións por minuto e a potencia do eixo do buque; rexistradores GPS a fin de coñecer a velocidade do buque en cada estudo, entre outros sistemas de avaliación do consumo enerxético dos barcos.



Medidas propostas para a optimización enerxética



As medidas a aplicar para reducir o custo enerxético pasan por introducir melloras na loxística (mediante a diminución da porcentaxe de tempo dedicado á navegación con relación ao tempo destinado á pesca, conseguindo deste xeito unha maior eficiencia na actividade); por diminuír a velocidade de navegación, o que permite aforrar combustible; por recalcular o paso de hélice máis axeitado ás súas condicións individuais de traballo reais (xeralmente o deseño inicial non considera este aspecto o que se traduce nun incremento no consumo); por cambiar o cable de arrastre fabricado en aceiro por outro de materia orgánica, de elevada resistencia e de baixo peso ou por substituír o sistema de iluminación e cociña convencionais por sistemas máis eficientes, así como por aproveitar o calor residual dos motores para producir auga quente sanitaria.



A instalación de sensores de velocidade da rede, que permiten adaptar a velocidade en función da corrente; a instalación de caudalímetros que permitan a visualización instantánea do consumo, a limpeza do casco que permitirá reducir o rozamento coa auga e polo tanto o consumo; a mellora da distribución do peso no buque e a eliminación de cargas innecesarias, así como un empopado óptimo que permite diminuír o consumo pola variación do ángulo do barco son outras das propostas destas auditorías enerxéticas promovidas e financiadas polo Instituto Enerxético de Galicia, en colaboración co Cetpec, para incrementar o uso racional da enerxía nos barcos de pesca e proporcionar aos mariñeiros ferramentas para unha xestión máis eficiente. No caso dos barcos de pesca artesanal as melloras percibiranse mediante a adaptación do motor da embarcación para usar GLP (Gas Licuado do Petróleo) como combustible; a través do cambio da hélice do barco ou mellorando o mantemento do motor da embarcación.



Xornadas de difusión das conclusións



O director do Inega anunciou que se organizarán diversas xornadas informativas nos portos galegos para dar a coñecer entre o sector as conclusións deste estudo e fomentar así a súa aplicación, ademais de presentarlle, de forma personalizada, os resultados a cada un dos patróns das 98 embarcacións auditadas. A primeira das xornadas divulgativas será en Burela o próximo xoves, 8 de abril (na Confraría, ás 18.00 horas) e a segunda terá lugar en Ribeira, o día 4 de maio (na Confraría, ás 12.00 horas).



A organización destes encontros ten como obxectivo prioritario dar a coñecer estas medidas de optimización enerxética aos mandos directamente relacionados coa xestión da enerxía (armador, patrón, maquinista, cociñeiro e contramestre) dos barcos auditados e dos demais do sector, para que estes colaboren na execución das melloras e que estas se podan estender a toda a flota galega.

A realización destas preto de cen auditorías insírense dentro das medidas de mellora de aforro e eficiencia no sector pesqueiro contempladas no Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España que xestiona o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) en colaboración coas comunidades autónomas, e concretamente no caso de Galicia, co Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Fuente:

COPE

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver al listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓGICO DE EFICIENCIA Y SOSTENIBILIDAD ENERGÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450