usuario

contraseña

 

| Olvidé mi contraseña

| Alta de nuevo usuario

 

sala de prensa

 

O Inega adapta edificios públicos con renovables

13/04/2010


O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez, presentou onte o plan E-SOL (Enerxía Sostible Local), co que se fomentará o uso de renovables en trece edificios de titularidade municipal en Galicia e o Norte de Portugal a través de sistemas xeotérmicos, solares e de biomasa.

En rolda de prensa, Diéguez resaltou o “carácter exemplarizante” deste proxecto que conta cun presuposto total de 1.238.550 euros, no que o Inega achega o 36% do financiamento total dos socios cunha partida de 450.000 euros, nun programa que inclúe unha achega do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de máis de 900.000 euros.

As actuacións terán lugar en trece edificios dos concellos ourensanos de Verín, Baltar, A Mesquita e Riós; así como nas cámaras municipais das localidades portuguesas de Chaves e Vinhais, xunto co Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Substituiranse caldeiras convencionais e calefacción eléctrica por paneis solares ou caldeiras de biomasa.

Estas actuacións suporán un descenso do 40% no consumo dos concellos e permitirá un aforro anual duns 50.000 euros, que levarán a unha amortización na inversión situada entre os catro e os sete anos. Tamén se fará un estudio pioneiro de viabilidade da biomasa que terá como finalidade avaliar as condicións existentes para futuras actuacións.

Un xestor enerxético municipal permitirá que os municipios poidan aplicar instrumentos de contabilidade para coñecer os perfís de consumo de enerxías. Para formar estes xestores habilitaranse cursos online gratuítos nos que poderán participar todos as persoas que así o soliciten destes municipios. O prazo de preinscrición ábrese o 1 de maio.

Fuente:

Xornal.com

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver al listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓGICO DE EFICIENCIA Y SOSTENIBILIDAD ENERGÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450