usuario

contraseña

 

| Olvidé mi contraseña

| Alta de nuevo usuario

 

sala de prensa

 

Economía e Industria presenta un novo proxecto de mobilidade para avanzar na implantación do vehículo eléctrico.

23/08/2011


A Consellería de Economía e Industria activa un novo Proxecto de Mobilidade do “Plan Mobega”, co obxectivo de facer un estudo de viabilidade da implantación dos vehículos eléctricos en Galicia

A Xunta traballa para reducir os obstáculos de cara ao desenvolvemento dun modelo de electromobilidade eficiente no eido da enerxía e eficaz tecnolóxicamente

A través deste proxecto, a Consellería de Economía e Industria ten como principal cometido situar a Galicia á vangarda da mobilidade sostible

Para a realización do estudo, o Inega dispón dun equipo de vehículos eléctricos con baterías de ión-litio, diversos puntos de recarga (“Rede Mobega”), aos que se incorporarán equipos de análise de enerxía eléctrica, sistemas GPS e bases de datos e ferramentas informáticas para a xestión de datos.


Santiago, 23 agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria pon en marcha un novo Proxecto de Mobilidade do “Plan Mobega”, co obxectivo de continuar avanzando na aposta da Xunta Galicia de cara á implantación do vehículo eléctrico e dun novo modelo de electromobilidade, nunha Comunidade Autónoma que ofrece as mellores condicións de desenvolvemento desta tecnoloxía innovadora.

O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) da Consellería de Economía e Industria, Eliseo Dieguez, presentou hoxe en rolda de prensa un proxecto encamiñado ao estudo do comportamento dos vehículos eléctricos. O seu principal obxectivo é dar a coñecer as vantaxes destas tecnoloxías e axudar a superar as barreiras de implantación dos vehículos eléctricos en Galicia.

A través deste proxecto, a Consellería de Economía e Industria quere dar un paso adiante para situar a Galicia na vangarda da mobilidade sostible. Deste xeito, establecéronse diversos eixos de acción nos que se está traballar a prol do acceso dos cidadáns aos vehículos eléctricos e ao impulso do tecido industrial para a súa fabricación e mais a dos seus compoñentes. Iniciativas que a Consellería que dirixe Javier Guerra está a desenvolver ao abeiro do Plan Estratéxico re-Móvete, para o apoio integral da Industria da Automoción.

Neste eido, a Consellería de Economía e Industria fai unha forte aposta polo desenvolvemento dos vehículos eléctricos, xa que os motores eléctricos ofrecen importantes vantaxes desde o punto de vista enerxético, sendo catro veces máis eficaces que os motores de combustión interna. Ademais, estes vehículos diminúen o grao de dependencia enerxética permitindo reducir as emisións contaminantes e acústicas e mellorando o aproveitamento das instalacións eléctricas existentes.

A “Rede Mobega”
Con este proxecto a Xunta continúa ca súa estratexia para reducir os obstáculos de cara ao desenvolvemento dun modelo de electromobilidade eficiente no eido da enerxía e eficaz tecnolóxicamente. Para a realización do estudo, o Inega dispón dun equipo de vehículos eléctricos con baterías de ión-litio, puntos de recarga (“Rede Mobega”), aos que se incorporarán equipos de análise de enerxía eléctrica, sistemas GPS e bases de datos e ferramentas informáticas para a xestión de datos (captura, almacenamento, procesamento e elaboración de informes).

Por outra banda, os parámetros analizados a través do Inega en relación á electromobilidade serán a autonomía e os tempos de recarga, a potencia mecánica proporcionada, o rendemento enerxético, as distancias percorridas por recarga segundo uso urbano, estrada ou mixto, a variación da vida útil da batería en función dos réximes de recarga, custes de utilización (segundo o horario de recarga) e custes de mantemento.

Ademais, a través deste proxecto, levaranse a cabo actividades complementarias como xornadas de información e proba de vehículos eléctricos, campañas de sensibilización, información a través da web do Inega das conclusións do proxecto, cursos formativos de condución eficiente dos vehículos eléctricos, información a través da exposición itinerante “Un mundo de enerxía”.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/15050/economia-industria-presenta-novo-proxecto-mobilidade-para-avanzar-implantacion

Fuente:

Xunta de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver al listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓGICO DE EFICIENCIA Y SOSTENIBILIDAD ENERGÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450