usuario

contraseña

 

| Olvidé mi contraseña

| Alta de nuevo usuario

 

sala de prensa

 

As Xornadas de Automática reúnen 180 enxeñeiros na procura de estreitar os lazos co tecido empresarial

06/09/2012


EnergyLab, de la mano de David Meana, ha participado en el Curso CEA; Aplicaciones de Control en el Sector de las Energías Renovables (que forma parte de las XXXIII JORNADAS DE AUTOMÁTICA) con una ponencia titulada " Gestión de la potencia en propulsiones híbridas marinas". Más información: http://ja2012.uvigo.es/curso-cea.html

A continuación la noticia publicada por en el Diario de la Universidad de Vigo acerca de las XXXIII JORNADAS DE AUTOMÁTICA


M. Del Río | Vigo
A automática ten na industria múltiples eidos de aplicación como a robótica, a automatización marítima, a bioenxeñería, o control intelixente ou a visión por computador. Neste e noutros campus os investigadores e expertos desenvolven un traballo moi estreitamente ligados co tecido empresarial, unha sinerxía que tamén está presente nas XXXIII Xornadas de Automática que este mércores botaron a andar na Escola de Enxeñería Industrial do campus de Vigo. Promovidas polo Comité Español de Automática dende 1977, esta é a segunda ocasión que este evento recala en Vigo, tras unha primeira visita en 1983. Ao fronte do comité organizador está o profesor Rafael Sanz, que explica que estas xornadas constitúen “un punto de encontro entre todos os que teñen a automática como eixo da súa actividade profesional, tanto no eido da investigación e da docencia como da empresa”.

Por iso, nos tres días que duran as xornadas compartirán protagonismo os expertos e as empresas, con demostracións e stands das compañías máis representativas destes sector ato tempo que se celebran conferencias, mesas redondas, comunicacións e presentacións de traballos. Este mércores o encargado de abrir os relatorios foi o director da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina, tras o acto de apertura ao que asistiron o vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán, e representantes do Comité Español de Automática e da organización. Muñoz Codina fixo un achegamento á evolución e aplicación da automática á industria do automóbil, un dos sectores industriais con máis presenza de autómatas.

Os estudantes universitarios, de España e do estranxeiro, tamén teñen nestas xornadas unha oportunidade de achegarse ás empresas, de presentar os seus traballos e concorrer a algún dos varios concursos que se realizan e de participar nos concursos de robots humanoides e vehículos aéreos non tripulados, para os que este mércores comezaron os adestramentos.


Unha cita para poñer en común os avances investigadores
As Xornadas de Automática, que cada ano se celebran nunha universidade ou centro de investigación español, supoñen un foro de debate no que presentar resultados, debater ideas e expoñer proxectos relacionados coa automática. En total participan 180 expertos organizados en nove grupos temáticos. O programa inclúe dúas conferencias plenarias, reunións técnicas dos diferentes grupos temáticos e sesións de presentación de comunicacións e un espazo con paneis. As dúas conferencias plenarias correrán a cargo de Thor Fossen, da Norwegian University of Science and Technology e Anibal Ollero, da Universidade de Sevilla. Este último falará mañá xoves sobre sistemas aéreos non tripulados e a súa evolución cara robots interactivos e seguros.
Cada grupo temático ten asignado un único premio ao mellor traballo presentado. Nos postos para as demostracións das empresas participan compañías como Fanuc, Festo, Kuka, National Instruments, SMC-Alecop e GTRob-Technaid.


Robots cheos de vida
Como ven sendo habitual nestas xornadas, celébrase paralelamente un concurso de robots humanoides para alumnos de grao e posgrao das universidades españolas que ten como obxectivo mostrar as habilidades de cada robot mediante o desenvolvemento de diversas probas.

Pero nesta edición estréase tamén un concurso de enxeñería de control autónomo de seguimento de traxectorias dun vehículo cuatrirrotor. Esta é a parte final de proceso no que os alumnos levan traballando preto dun ano, despois das fases de simulación, implementación e adestramento dos vehículos aéreos non tripulados chega a hora da competición. Dos 16 equipos inscritos, participan nesta fase final 8, dous deles da Universidade de Vigo, seis de universidades españolas e cadanseu da Pontificia Bolivariana de Colombia e da Federal de Santa Catarina de Brasil.

Os gañadores de ambos concursos recibirán os seus respectivos premios na derradeira xornada deste simposio, este venres 7 de setembro. Neste evento faranse entrega tamén dos galardóns que distinguen as mellores comunicacións e ás mellores teses de doutoramento, así como o Premio CEA 2012 a un membro destacado da comunidade científica e o Premio OMRON de Iniciación a la Investigación e Innovación en Automática.


Outras actividades
Ao abeiro das xornadas celebrouse tamén a xuntanza da directiva da CEA así como un curso sobre as aplicacións de control no sector das enerxías renovables. Neste seminario abordáronse os problemas que teñen este tipo de enerxías que en xeral non son manipulables xerando problemas de almacenamento, hibridación ou optimización. A finalidade é ofrecer unha visión xeral destes problemas e como o control automático pode ofrecer solucións apropiadas.

Fuente:

Universidad de Vigo

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver al listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓGICO DE EFICIENCIA Y SOSTENIBILIDAD ENERGÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450