Te estás perdiendo los contenidos Flash del site.
Para instalar el plug-in de Adobe Flash Player haz click en el siguiente botón.

 

usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

Atender as necesidades de coñecemento e capacitación científico-técnica do ámbito empresarial, facilitando un programa flexible axeitado aos intereses específicos de cada sector orientado á implantación e utilización de tecnoloxías, produtos e procesos de EySE.
Proporcionar apoio para a formación específica de axentes institucionais.


A actividade formativa ten dúas dimensións diferentes:
Unha formación aberta cara ao exterior como resposta ás necesidades de capacitación en eficiencia e sostenibilidade enerxética de técnicos, xestores e consumidores dos sectores clientes do centro.
A formación orientada ao desencolvemento de capacidades propias do centro, co obxectivo da súa posterior transferencia aos sectores e empresas clientes.


A definición e execución destas actividades realizarase en estreita colaboración coa Universidade e outros colaboradores, aproveitando as alianzas que se poidan alcanzar con distintas organizacións.


Formación.
Organización de congresos e seminarios temáticos orientados a profesionais (ámbitos empresarial e investigador).

Organización de másters ou similares impartidos no Centro co apoio dos socios e colaboradores (Universidades, Centros…).

Organización doutras accións de formación relacionadas coa actividade de comunicación, difusión e sensibilización do Centro: consumidores, docentes, formadores, usuarios…

Intercambio e mobilidade.
Estancias de técnicos e xestores de empresas e outras organizacións no Centro.
Estancias de investigadores e técnicos do Centro en empresas e outras organizacións.
Transferencia.
Transferencia de capital humano formado no Centro a empresas e institucións.


Xestores públicos e privados.
Técnicos.
Consumidores.