usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

programas de axuda

 

Resolución do 18 de abril de 2011, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica a Resolución do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria do Programa de axudas para a r
Convoca: MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO

Data inicio: 26/04/2011 Data fin: 17/12/2011

O obxecto da presente convocatoria do Programa de axudas IDAE para a renovación de pneumáticos é incentivar a adquisición de pneumáticos de alta eficiencia enerxética que favorezan o aforro e a mellora da eficiencia enerxética nos vehículos turismo, todo iso no marco do Plan de Intensificación do Aforro e a Eficiencia Enerxética aprobado polo Consello de Ministros do 4 de marzo de 2011 e do Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2004-2012.

Os pneumáticos susceptibles de ser apoiados no marco do presente Programa deberán figurar nun catálogo de pneumáticos eficientes (Catálogo de Pneumáticos IDAE) que, para tal efecto e mentres estea en vigor o programa, se manterá actualizado e publicado na páxina web de IDAE ( http://www.idae.es ).

O importe da axuda será de 20 € por pneumático, sendo imprescindible a renovación dos catro pneumáticos de cada vehículo para poder acceder á axuda, polo que o importe total da axuda por beneficiario e por vehículo será de 80 €.

Só será incentivable unha actuación de substitución de pneumáticos por beneficiario e por vehículo.

O vehículo sobre o que se realice a actuación deberá ser propiedade do beneficiario, estar matriculado en España e estar ao corrente no pagamento do imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica (imposto de circulación).


Fin prazo solicitudes: 17 Decembro 2011




BENEFICIARIOS:
Persoas Físicas

 DESCARGAR DESCARGAR

Data da resolución:

18/04/2011

Enlace:

www.boe.es

« Volver ao listado
 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450