usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

centro tecnolóxico nacional

17 de Outubro de 2014. O Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, participou no acto de presentación de EnergyLab como Centro Tecnolóxico Nacional, recoñecido polo Ministerio de Economía e Competitividad. Este recoñecemento, sitúa a EnergyLab como un dos 6 centros tecnolóxicos galegos presentes no rexistro nacional, reforzando a súa posición como centro de referencia nacional no ámbito da eficiencia e da sostibilidade enerxética.

EnergyLab acadou a condición de Centro Tecnolóxico grazas a especialización en materia de eficiencia enerxética, executando numerosos proxectos de I+D+i que recibiron o apoio dos nosos diversos patróns, que creron na eficiencia enerxética e en nós como entidade.

O 12 de Setembro de 2008 nace en Vigo a Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética coa misión de desenvolver e difundir tecnoloxías, produtos e hábitos de consumo que optimicen a eficiencia e a sostibilidade enerxética, nos sectores industrial, terciario, transporte e na sociedade en xeral.

Ao longo destes anos, EnergyLab foise conformando como unha entidade experta en eficiencia enerxética, adquirindo maior capacidade científico técnica ao través dea realización de proxectos de I+D+i, dando solucións aos grandes sectores consumidores de enerxía do noso país, a industria, o transporte e terciario, e buscando as alternativas de aforro enerxético más axeitadas para cada situación.

No día a día dos nosos proxectos, sempre estivo presente a calidade e conciencia medioambiental, por iso no 2012 desenvolvemos a implantación do Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente nas ISO 9001 y 14001 respectivamente, sendo o noso obxectivo nun futuro próximo facelo extensible aos Sistemas de Certificación Enerxética amparados na ISO 50001.

Neste corto camiño, apenas 6 anos de vida, EnergyLab foi madurando, ata converterse nun dos 6 centros tecnolóxicos galegos, recoñecidos polo Ministerio de Economía e Competitividad, reforzando así a nosa capacidade para acceder a novas fontes de financiamento coas que desenvolver proxectos de I+D a nivel nacional e internacional. En relación aos retos de futuro, EnergyLab apostará polo desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras para a contribución ao desenvolvemento do noso entorno, fixando a mirada nos obxectivos marcados pola Unión Europea no Horizonte 2020 e na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3.


Links a noticias do Acto RCTN:






 
 



ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓGICO DE EFICIENCIA Y SOSTENIBILIDAD ENERGÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450