usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Os coches eléctricos do futuro poderían usar a súa carrocería como batería

09/02/2010


Unha recente invención do Imperial College of London podería cambiar a concepción que temos das baterías e de paso, electrificar os motores dos coches eléctricos. Os investigadores patentaron unha mezca de fibra de carbono e polímero que pode almacenar e descargar electricidade, de forma que a carrocería dun coche podería servir de batería.

Esta tecnoloxía podería cambiar as regras do xogo en varios sensos. Primeiro, o material podería substituirá s baterías de ións de litio como almacén de enerxía dos coches híbridos e eléctricos enchufables, ademáis de calquera outro tipo de electrodoméstico. Segundo, se se usa nas carrocerías dos coches, o material podería alargar substancialmente a autonomía de los coches, facéndoos comercialmente máis viables. Terceiro, a causa da súa lixeireza este material podería aplicarse á electrónica de consumo, como reproductores, portátiles e teléfonos.

Non se sabe moito sobre a densidade de enerxía do novo material desenvolvido no Imperial College. Pero si é suficiente, podería apartar do camiño ás baterías de litio. Ten senso, xa que se a propia carrocería do coche pode almacenar a electricidade, o peso do vehículo será moito menor e a autonomía moito maior. Despois de todo, a meirande parte do peso –e do espacio- lévano as baterías, e se non, fíxate no que ocupa o paquete de baterías dun Tesla Roadster....

Os coches eléctricos nos que podería usar este material (asumindo que o peso é similar ó da fibra de carbono), serían moito máis lixeiros que os actuais. A mesma dureza e elasticidade podería conseguirse cunha cuarta parte do peso. Unha boa capacidade de almacenamento nun vehículo máis lixeiro podería percorrer meirandes distancias e acadar maior velocidade, xusto as tres variables clave para a adopción dos coches eléctricos. Se este material puidera substituir as baterías do Chevy Volt, o coche pesaría 170 kg menos.

Soa a achado importante. ¿O problema?: O custo. A fibra de carbono é moito máis cara de producir que o aceiro e o aluminio. O titanio non é máis barato, pero ó menos, é máis abundante. Así que, aínda que o material satisfaga as expectativas (densidade de enerxía), non reemplazará ás baterías. En todo caso, complementará ás mesmas, nas capotas dos coches por exemplo, e aínda así, non será barato.

Fonte:

Ison21

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450