usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O Centro de Enerxía de Wisconsin presenta unha ferramenta para calcular a eficiencia enerxética dos edificios

08/02/2010


O consumo enerxético dos edificios é o resultado dunha complexa trama de interaccións entre os distintos elementos dos mesmos. Por iso, coñecer cómo altera un destos elementos ó resto do conxunto é importantísimo para entender as oportunidades de aforro enerxético dunha edificación.

Por isto, os enxeñeiros do Centro para a Enerxía de Wisconsin desenvolveron unha ferramenta que permite ter unha visión global inicial moito máis ampla en relación ó consumo enerxético e o impacto ambiental de calquera edificio comercial que esté sendo diseñado. Este calculador pódese descargar gratuitamente e ofrece datos sobre as relacións entre os distintos compoñentes e os efectos no illamento térmico que pode propiciar o cambiar calquera parámetro enerxético. Ademáis, a ferramenta permite calcular as emisións totais de CO2 dun edificio a partires do consumo eléctrico e de gas.

Esta ferramenta pode utilizarse como complemento á que desenvolvemos en Onyx para coñecer cánta enerxía pode producir un edificio si se adopta algunha das solucións de integración fotovoltaica que nos ofrecemos. Isto calcúlase tendo en conta a ubicación, orientación, inclinación, etc., de cada edificación e pode utilizarse libremente dende a nosa páxina web. Deste modo, cuns cantos datos poderás calcular a cantidade de enerxía que poderías estar xerando, asín como as emisións de CO2 que poderías evitar!

Fonte:

Blog Onyx

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450