usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O 40% da electricidade peninsular é de orixe renovable e non xera residuos

09/02/2010


No número 42 do Observatorio da Electricidade, WWF destaca a importancia que ten as enerxías renovables en xaneiro. Este mes acadou un récord, xerando máis de 10 billóns de kilowatios de electricidade limpa. Isto fixo que as emisións de CO2 mensuais acaden tamén un mínimo histórico, cunha redución do 45% respecto a xaneiro de 2009. O bo comportamento ambiental do sector eléctrico podería empeorar substancialmente si o Ministerio de Industria aproba as subvencións para a queima de carbón autóctono.

O Observatorio da Electricidade de WWF constata o descenso nun 45% das emisións de CO2 e a redución da demanda eléctrica, respecto a xaneiro de 2009. Por outro lado, as enerxías limpas procedentes da auga e o vento aumentaron um 238 e um 24% respectivamente.

Segundo Heikki Willstedt, experto en Enerxía e Cambio Climático de WWF España: “Dende hai máis dun século sabemos aproveitar o auga de chuvia para xerar electricidade, pero antes, cando un vendaval percorríaa península, o único que producía eran inconvenientes; agora, este vento aprovéitase, et amén o sol, que luce case todos os días na meirande parte do país”.

O século XXI vai a ser o das enerxías renovables.

Está claro que o século XXI vai a ser o das enerxías renovables, como o pasado foi o do petróleo, e o anterior o do carbón. WWF afirma que xa existen as tecnoloxías suficientes para utilizar os recursos renovables, agora fai falla vontade política para aproveitar o seu potencial. Segundo Willstedt, “España pode ser dos primeiros países en facer a transición a unha nova era da enerxía, pero para isto hai que manter a senda emprendida, aprender dos erros e ter obxectivos ambiciosos”. E engade: “A meta actual para acadar en 2020 o 42% de renovables de xeración eléctrica non é ambiciosa. En WWF estamos convencidos de que se pode e se debe chegar ó 50%”.

Perante o debate sobre o Almacén Temporal Centralizado (ATC) para os residuos nucleares, WWF destaca que a xeración de electricidade con enerxías renovables non produce nin emisións de CO2 á atmosfera, nin tampouco deixa un legado perigoso que hai que “esconder” por seguridade durante miles de anos. Por tanto, WWF considera imprescindible a posta en marcha dun programa de peche da enerxía nuclear para non producir máis residuos. Así mesmo, é importante buscar un pacto social sobre a forma definitiva de almacena-los para que xeren o menor risco posible.

Os datos máis destacados de xaneiro para o sistema peninsular son os seguintes:

• Segue baixando a demanda eléctrica: -0,2% respecto a xaneiro de 2009.
• O descenso das emisións de CO2 respecto ó mesmo mes do ano pasado (-45%)
• O incremento substancial da producción hidráulica respecto ó mesmo mes do ano pasado (+238%)
• O aumento da xeración eólica respecto a xaneiro de 2009 (+24%)
• A exportación neta dun 1,2% da xeración eléctrica ós nosos países veciños
• As centrais de ciclo combinado que queiman gas natural recortaron as súas emisións nun 11,7%. Mentres que as de carbón recortaron as súas emisións nun 63,7%
• Por cada kilowatio xerado emitíronse 152 gramos de CO2. (Equivalentes a 0,152 Toneladas de CO2 por MWh). É o mellor dato mensual dende 1998

Para máis información, consultar o boletín 42 do Observatorios da Electricidade. WWF engadiu un novo gráfico coa evolución mensual estimada das emisións de CO2 e da xeración eléctrica con renovables (dende xaneiro de 2005 ata o mes actual). http://www.wwf.es

Fonte:

Mundoenergía

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450