usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

UE ve difícil acadar as perspectivas de movilidade sostible sin coches eléctricos

10/02/2010


Os ministros europeos asistentes á Reunión Informal de Ministros europeros de Competividade que acolle San Sebastián dende o pasado domingo debatiron hoxe, última xornada do Cumio, sobre o vehículo eléctrico e os retos do seu desenvolvemento para Europa

No documento de debate, ó que tiveron acceso os medios, recóllese que haberá que asegurar que o principal compoñente para o desenvolvemento de estos novos coches, a batería, non suporá un substancial aumento no seu custo e unha dependencia non desexada.

Neste senso, apúntase que as melloras continuas nas tecnoloxías dependerán da intensidade e coordinación das actividades de I+D, da inversión nas instalacións e equipos de producción e do alcance das economías de escala polo que se requerirá unha efectiva coordinación dos recursos económicos.

Respecto ó mercado, os ministros abordaron a necesidade de que, dende as administracións, se estimule, con medidas fiscais e non fiscais, a demanda asegurándose de que os “instrumentos” políticos utilizados non distorsionen as normas de competencia ou mercado interior.

DEMANDA

Sobre esta cuestión contémplase a posibilidade de que as administracións poidan axudar a promover os vehículos eléctricos propulsados por batería baixando os seus custos (impostos e incentivos de compra, combinados con prezos menores de electricidade en comparación cos carburantes) ou aumentando o confort e uso adecuado, como por exemplo establecendo zonas de baixa emisión, espacios gratuitos de aparcamento ou carriles especiais.

Por outra parte, abógase pola creación de puntos de carga públicos e por adaptar o suministro de electricidade ós patróns de carga creando novos picos de demanda eléctrica, por crear interfaces dedicadas, sistemas de medida e de pago e por explorar as oportunidades que ofrecen as redes intelixentes de xestión de enerxía.

Ó respecto, recóllese que os fondos públicos poden facilitar a creación de rede se requírese unha dirección común nos fondos para proxectos de I+D a través de programas de desenvolvemento europeos e nacionais ou préstamos do “Banco Europeo de Inversións”.

Ademáis, contémplase que os compoñentes de estes novos vehículos crearán oportunidades para novos operadores que poden minar a posición de outros, así como a aparición de novos modelos de negocio, alianzas e sinerxias que os políticos deberán anticipar, tanto no que se refire a amenazas como a oportunidades.

O documento debatido tamén recolle a importancia que terán os diálogos industriais xunto coas políticas exterior e de comercio para a adopción de estándares e a armonización técnica internacional, e apóstase pola creación dunha sólida estructura lexislativa para asegurar que o posicionamento no mercado dos coches “verdes” propulsados por batería beneficiase dun marco lexislativo estable que cumpra cos requisitos de seguridade e saúde.

Por outra banda indícase que é “fundamental” a composición e uso do mix enerxético e que se debería considerar a promoción das enerxías renovables en función da producción de vehículos eléctricos propulsados por batería.

Tamén se reclama unha armonización internacional e unha política exterior e de comercio que axude ó acceso da industria ós mercados internacionais e ás materias primas. En definitiva, contémplase que un proceso estructurado en Europa axudaría a conseguir unha coordinación de todos os axentes implicados neste proxecto, a xestión de riscos e a transferencia de información e mellores prácticas.

Fonte:

Ecoticias.com

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450