usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Calefacción de distrito: ciudades que xeran o seu propio calor

11/02/2010


Un sistema de calefacción central como a de calquera comunidade de veciños, pero ó grande. No caso da calefacción urbana ou de distrito (District Heating), unha cidade ou un barrio dispón dunha instalación que produce o calor e se canaliza polas súas rúas para que chegue a todos os fogares, ó igual que o auga ou o gas. Diversas cidades e barrios de países de todo o mundo, incluida España, contan con este tipo de redes.

A producción de calor basease, en xeral, en centrais de coxeración, pero cada vez máis úsanse enerxías renovables como a biomasa, a enerxía solar e ata o calor sobrante das centrais nucleares e das incineradoras de residuos urbanos.

A calefacción de distrito basease nunca central cercana ós consumidores que produce calor. Mediante un sistema de tubos illados, polo xeral subterráneos, o calor distribúese ós edificios dun barrio ou dunha cidade que forman parte da rede. O medio máis común para distribuir o calor é o auga, pero tamén se pode utilizar vapor.

Para cubrir situacións de demanda máis intensa, cóntase con sistemas de acumulación que almacenan enerxía en momentos de menor consumo. O calor distribuído non só se pode utilizar para calefacción, se non tamén para producir auga quente e para climatizar e enfriar en verán.

A central máis común é a da coxeración. Estas instalacións utilizan combustribles fósiles, gas natural sobre todo, pero ó producir e aproveitar de forma conxunta electricidade e calor, acadan un considerable aforro enerxético. Non obstante, cada vez máis utilízanse centrais baseadas en enerxías renovables, como a biomasa, a xeotérmica ou a solar, e incluso a enerxía nuclear.

Fronte ós sistemas de calefacción individual, a de distrito ou urbana destaca por varias vantaxes. A producción de calor é máis eficiente xa que se desperdicia menos e, por tanto, a contaminación tamén é menor. Segundo un estudio do grupo de investigación Claverton Energy, a calefacción de distrito baseada en coxeración é o método máis barato de reducir o uso do carbón e ten unha das pegadas de carbono máis baixas de todas as plantas de xeración baseadas en combustibles fósiles. Pola súa parte, os consumidores aforran diñeiro na enerxía e nas instalacións que deberían destinar ós seus propios sistemas de calefacción.

En canto ós inconvenientes, a posta en marcha da central productora de calor e a rede de tuberías require unha gran inversión inicial, se ben se amortiza a longo prazo. Polas súas características, non é un sistema idóneo para zonas con baixa densidade demográfica ou para comunidades con moitos pequenos edificios.

A distribución con vapor é máis aconsellable para procesos industriais que requiren unha temperatura máis alta, pero debido a isto perde máis cantidade de calor. Ademáis, esta modalidade pode resultar perigosa si a rede de tuberías non se atopa ben cuidada.

Por isto, antes de pensar en instalar un sistema de calefacción de distrito, convén realizar un estudio para coñecer si é a mellor solución. Un experto debería analizar cómo instala-lo da forma máis óptima e económica, de maneira que a oferta de calor se adecúe á demanda ó longo dos distintos meses do ano.

Calefacción de distrito no mundo

Diversas localidades españolas contan con pequenos sistemas de calefacción de distrito. En Barcelona, a compañía Districlima puxo en marcha unha rede para máis de 50 edificios. Pola súa arte, Nova Energía instalou varios de estes equipamentos, como en Oviedo para a Fundación do Orfanato Mineiro de Asturias, en Bellver de Cerdanya (Lleida) para varios edificios públicos a partires de combustible de lasca, ou en Guadalajara para a Fundación Apadriña unha Árbore. En Madrid, a Consellería de Medio Ambiente planea por en marcha unha rede dentro do ecobarrio de Puente de Vallecas. O sistema agrupará calefacción e auga quente para uns 30 edificios.

Factores como a climatoloxía, a cercanía ás fontes enerxéticas ou o desenvolvemento tecnolóxico ten feito que a meirande implantación da calefacción de distrito se teña producido nos países nórdicos, Rusia e Europa do Este.

Islandia lidera a utilización mundial de calefacción urbana. O 95% de todos os fogares, a maioría deles na capital, Reykjavik, gozan deste sistema. A meirande parte do calor provén das tres principais plantas xeotérmicas deste país.

Tras Islandia, os países escandinavos son os maiores consumidores de calefacción de distrito. En Dinamarca, máis do 60% da producción de calor e auga quente basease neste sistema. A maioría das grandes cidades danesas ten importantes redes de calefacción urbana. Copenhague conta coa rede máis ampla: 275.000 fogares (case o 95% das zonas pobladas) reciben calor mediante unha rede de 54 kilómetros. A súa fonte enerxética basease nun 80% en instalacións de coxeración, mentres que o 20% restante provén do aproveitamento do calor recuperado nas incineradoras de residuos urbanos.

En Finlandia, o 50% das necesidades de calefacción cóbrense con este sistema. En grande parte, se basea na tecnoloxía da coxeración, pero tamén utiliza enerxías renovables como biomasa e a enerxía recuperada da incineración dos residuos sólidos municipais.

Suecia ten unha longa tradición de aproveitamento de calor de distrito. O 90% da enerxía utilizada para tal fin ten orixe renovable e tamén se aproveita o lixo como combustible (a lexislación sueca prohibe os vertedoiros), ou a enerxía nuclear, como o caso da central de Agesta. reduciu o uso de enerxía de orixe fósil nun 30% nos últimos anos e espera alcanzar o 50% en 2010.

Rusia é outro importante consumidor deste tipo de calor. Na maioría das súas cidades, as plantas de coxeración producen máis do 50% da electricidade do país e de forma simultánea se suministra auga quente para os cidadáns.

No resto de Europa, países coma Estonia, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Austria ou Alemaña tamén aproveitan de maneira importante este sistema de calefacción. Os exemplos son moi diversos: en Viena da servicio a máis de 250.000 fogares, cunha parte importante baseada no calor das tres principais incineradoras do municipio; En Flensburg (Alemaña) cobre o 90% das necesidades dos seus veciños; en Suiza, a central nuclear de Beznau suministra calor a unhas 20.000 persoas; en Italia, cidades coma Bérgamo, Ferrara ou Turín ten este tipo de redes; etc..

Fora do continente europeo, a calefacción de distrito tamén é utilizada en diversos países. En Estados Unidos e Canadá, diversas empresas privadas ten feito deste sistema o seu modo de vida. Algunhas das principais cidades canadienses e urbes estadounidenses coma Nova York, San Francisco, Minneapolis, San Diego ou Pittsburgh dispón destas redes. Varios campus universitarios estadounidenses tamén basean a súa calefacción neste sistema, coma o da Universidade de Notre Dame ou a de Maryland.

Fonte:

Econoticias.com

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450