usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Galicia terá unha rede de 15.000 puntos de recarga para 5.000 coches eléctricos

12/02/2010


Ex enxeñeiros de Citroën crean un modelo de estación intelixente para parkings, comunidades ou vías públicas

O coche do futuro será eléctrico e quen mellor o sabe son os enxeñeiros da industria da automoción. Así se explica que catro ex altos cargos do sector galego, case todos vinculados nalgún momento da súa vida profesional a PSA Peugeot Citroën, deran o primeiro paso para trazar a primeira rede galega de puntos de recarga de vehículos eléctricos.

A empresa creada para este fin chámase Bluemobility e presentou onte en Santiago o seu plan de negocio que sitúa o seu obxectivo no 2015-2017. Para esta data contan con que en Galicia haberá circulando 5.000 coches eléctricos. A partires desta premisa de que cada unidade precisa entre 3 e 4 postos de alimentación (promedio utilizado para deseñar a rede nos países pioneiros en mobilidade eléctrica), a firma, que xa está asociada ó clúster de empresas galegas de automoción (Ceaga), conta con ter instaladas para entón 15.000 bases de recarga. A primeira delas estará operativa en outubro de 2010, coincidindo coa saída ó mercado dos primeiros modelos 100% eléctricos.

O Presidente da empresa, Alberto Casal, explicou onte perante un quórum integrado por empresarios do sector da automoción (PSA Peugeot Citroën, Ceaga, Centro Tecnológico de la Automoción), da enerxía e da Administración galega, que o modelo de estación de recarga patentado pola súa empresa será un sistema fácil de usar. “Suministrará nunha hora enerxía para percorrer un mínimo de cen kilómetros”.

A principal innovación radica na versatilidade e universalidade do invento galego. Todas as unidades de abastecemento dependerán dun centro de control que atenderá á diversidade de estándares de redes e vehículos eléctricos que saian ó mercado da Unión Europea, Estados Unidos e Xapón. Outra das vantaxes reseñadas é a adaptabilidade a diferentes sistemas de pago (prepago, tarxeta, ...) e o acceso a diferentes operadores.

Para os tres primeiros anos, a empresa ten prevista unha inversión de 74 millóns de euros para a fabricación, mantemento, comercialización e xestión dos dispositivos que forman a rede.

Creación de emprego

O proxecto industrial establece unha previsión inicial de creación de 57 postos de traballo. Ónde se instalarán os primeiros puntos de recarga, é algo que aínda está por concretar. Bluemobility non o adianta, aínda que si explica que estarán ubicados en diferentes lugares da xeografía galega como aparcamentos, centros comerciais ou vías públicas, para o que a firma comezou a extender xa as súas redes comerciais e xa está en negociacións con empresas e concellos.

De cara ó futuro, unha prioridade da firma será a posibilidade de utilizar enerxías renovables como principal fonte de alimentación.

Fonte:

La Voz de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450