usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Científicos do CSIC estudian cómo mellorar o aproveitamento da biomasa vexetal

16/02/2010


Un equipo do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, CIB, pertencente ó Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, leva a cabo un estudio sobre a degradación da biomasa vexetal por fungos

Susana Camarero, investigadora do CIB explicou nunca conferencia celebrada no Instituto de Microbioloxía Bioquímica, IMB, da Universidade de Salamanca, que para optimizar o proceso de degradación pódese utilizar ferramentas biotecnolóxicas, como certas enzimas de fungos que afectan á madeira.

En declaracións á Axencia DiCYT, a experta explicou que “co estudio de estes fungos e, en concreto, das enzimas que producen, somos capaces de ter ferramentas biotecnolóxicas para poder degradar esta lignina e facer que o aproveitamento da biomasa vexetal sexa máis efectivo”. Estas enzimas chámanse “lacasas” e ten un gran potencial para moitas aplicacións, “pero poder ser melloradas e deseñadas específicamente para procesos biotecnolóxicos concretos con técnicas modernas de evolución dirixida”.

As vantaxes das “lacasas” é que so requiren osíxeno para a reacción e so producen auga como residuo do proceso, de maneira que se lles chama “biocatalizadores verdes”. Ademáis do procesamento de biomasa vexetal, empréganse para a fabricación de papel e o seu branqueo e, segundo investigacións máis recentes, poden ter implicación na producción de bioetanol. Ademáis, tense usado para biosensores, biopilas de combustible ou as industrias téxtil ou alimenticia.

Fonte:

Agencia DiCYT

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450