A Xunta reafírmase no seu obxectivo de cubrir o total do consumo con enerxías renovables no 2015
16/02/2010
O director xeral de Industri, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, reafirmou hoxe que o obxectivo da Xunta é cubrir "case o cen por cen" do consumo de electricidade dos galegos con enerxías renovables no 2015 e sinalou que o plan enerxético de Galicia 2010-2015 fixa como metas aumentar un 60% a xeración eléctrica e un 16% a térmica a partires de estas fontes.
Así o expuxo Tahoces na súa intervención na 'Wind Power Conference 2010', que se celebrou hoxe en Madrid. Segundo indicou o Goberno galego nun comunicado no que o director xeral apostou por que o fomento das enerxías renovables “camiñe á par” que o impulso da eficiencia e o aforro enerxético en fogares e industrias.
Os consumidores, afirmou, “non só poder e deben aforrar enerxía”, se non que “tamén están chamados a producila” a través do que se coñece como “xeración distribuida”, é dicir, con plantas de biogás en explotacións agrarias, a construcción de bombas de calor xeotérmicas en edificios e vivendas, o desenvolvemento de parques empresariais eficientes e con “unha aposta decidida polo coche eléctrico” como almacenador de enerxía de fontes renovables, dixo.
O representantes da Xunta destacou que o Goberno galego fai unha “aposta decidida” polas enerxías renovables e chamou a elaborar un marco normativo “estable para todos os implicados” no sector. Éste, sostuvo, “é o único camiño” para evitar as actuais “diferencias e disfuncións e poder fixar así industria e xerar emprego”.