usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Unha vivenda intelixente que aforra ata un 30 por cento de enerxía

13/03/2010


Deseñan un fogar que permite regular a luz, as persianas ou detectar un escape de gas sen gastar máis

Unha vivenda pode estar dotada da última tecnoloxía e non gastar máis por iso. De feito, grazas aos últimos avances dixitais, un fogar pode reducir o seu consumo enerxético entre un 25 e un 30 por cento. Proba diso é o Centro Demostrador do Fogar Dixital construído pola Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicación Electrónica (Asimelec), e que esta semana se presentou en Madrid.
O prototipo permite crear unha vivenda acolledora, segura e eficiente enerxeticamente que, ademais de ser domótica, é dixital, xa que conta cunha pasarela residencial que conecta todas as redes domésticas entre si e permite o control da vivenda (as súas alarmas, os vídeos e os dispositivos) dende o exterior, ben sexa vía móbil ou ben vía internet. A vivenda resulta eficiente enerxeticamente grazas a medidas pasivas, como o deseño, e activas, que van dende o uso optimizado dos equipos ata o seu control monitorizado.

Medidas
Por exemplo, «o fogar dixital permite que o futuro inquilino poida controlar a iluminación e a climatización, regular os toldos e as persianas, así como o rego», explica José Miguel Solán, director de Innovación de Schneider Electric, que colaborou no seu deseño e construción, dotándoo de tecnoloxía propia.
No caso das persianas, o seu domotización, como precisa Solán, fai que a vivenda aproveite a luz natural e por ende consuma menos enerxía, e frear, en cambio, a radiación solar para reducir o gasto de aire acondicionado». «Ademais -prosegue-, a iluminación do fogar regúlase tamén ao detectar a presenza de alguén, de modo que se entras nun cuarto esta se acende e viceversa».
A climatización e o control de temperatura á súa vez conséguense ao activar ou desactivar a calefacción e a refrixeración se hai ou non persoas no fogar, así como a distancia, mediante o móbil ou internet.
E se mentres no salón a tecnoloxía se destina ao ocio e ao entretemento, no baño, un sistema regula a temperatura da auga segundo o seu uso. No caso da ducha, por exemplo, hai un sistema de control por persoa, de modo que sae a auga á temperatura idónea sen desaproveitar recursos hídricos.
Todas estas medidas permiten o citado «aforro dun 30 por cento de enerxía», di. «Unha porcentaxe que se incrementa nun 50 por cento ou máis grazas a sistemas de enerxía xeotérmica e solar», asegura Valentín Fernández, director técnico do demostrador e membro da Comisión Multisectorial del Hogar Digital de Asimelec.
Respecto á seguridade, a vivenda dixital dispón de alarmas técnicas que permiten detectar posibles incendios, escapes de gas ou de auga. Tamén dispón dun control de acceso, vídeo porteiro e vídeo vixilancia que permiten ver quen chama á porta dende a televisión.
Todas estas medidas converten unha vivenda normal nunha casa dixital a partir de 1.500 ou 3.000 euros, segundo os expertos. «Un sobrecoste que se amortiza aos catro anos», destaca Fernández.

Fonte:

La Razón

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450