usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O Centro de Día Das neves contará con enerxía xeotérmica dende esta semana

14/04/2010


O proxecto piloto, cun custo de cen mil euros, necesitou da realización de catro pozos de barrena de cen de metros de profundidade e de depósitos para calor e frío.

Da terra sairá dende esta mesma semana parte da calor ou do frío para ambientar os usuarios do Centro de Día de Ás Neves. O proxecto piloto de aproveitamento de enerxía xeotérmica destinado ao Centro de Saúde da localidade poñerase en marcha nunhas horas, despois dos axustes que realizarán os técnicos, que onte ultimaban as tarefas de montaxe do sistema.
As instalacións, cun custo de cen mil euros e financiadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Industria, inclúen catro pozos de barrena de cen metros de profundidade e un sistema de almacenamento con sistemas para regular calor e frío. A circulación de auga fría en verán refrixerará, e a quente, en inverno, dará máis temperatura.

Convenio

A iniciativa é posible tras o convenio de colaboración asinado pola Consellería de Economía e Industria e o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética. Ademais de en Ás Neves póñense en marcha instalacións deste tipo en escolas infantís de Nigrán e Baiona, vivendas e a Biblioteca Central da Universidade de Vigo. Segundo os cálculos realizados, o proxecto permitirá un aforro anual de 28.500 euros e a Xunta inviste nestes proxectos xa que o aproveitamento da enerxía xeotérmica é unha das apostas do actual executivo autonómico para a actual lexislatura.
Segundo explicou o alcalde de Ás Neves, Raúl Emilio Castro, que onte visitou as obras, o sistema pode permitir obter temperaturas de ata 60 graos. "As bombas de calor son reversibles, polo que en verán absorberán a calor do interior do centro e o entregarán ao subsolo", indicou.
O rexedor engadiu que a eficiencia enerxética deste sistema de climatización ou relación entre a enerxía consumida e a enerxía entregada utilizando como fonte de calor o subsolo é altamente favorable, sendo como mínimo do 400% quentando e do 500% arrefriando,".
Raúl Emilio Castro apuntou que o sistema esta conectado á enerxía eléctrica pero matizou que "o consumo é escaso, e sempre moi inferior aos climatizadores tradicionais".
Ademais, o rexedor sinalou que o sistema, tal e como figura na documentación entregada no Concello, funciona independentemente das condicións meteorolóxicas "xa que a temperatura do subsolo, onde se colle a temperatura permanece constante e non depende se fai frío ou calor fóra".
Por outra parte indica que non se trata de xerar calor senón transferilo do subsolo ao Centro e ademais, ao non existir combustión hai emisións de CO2 e polo tanto non é contaminante", insistiu.
Agora só queda comprobar que funciona correctamente.

Fonte:

Faro de Vigo

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450