usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Citroën fabricará en Vigo un vehículo eléctrico a cambio de subvencións directas

16/07/2010


Vigo está a un paso de converterse na primeira das 12 plantas do grupo PSA Peugeot Citroën que fabricará un vehículo eléctrico, -os modelos Citroën C-Zero e o Peugeot Ion prodúcense nunha planta xaponesa de Mitsubishi-.

A multinacional francesa condiciona a súa elección ás axudas económicas directas (non en forma de créditos) que reciba o seu proxecto, que encontrou ampla receptividade na Xunta de Galicia, como xa aconteceu coa adxudicación da nova gama de vehículos low cost, un multilanzamento para o que o grupo francés investiu 1.060 millóns de euros, a cambio dunha axuda directa da Consellería de Industria de 40 millóns de euros (ademais de 100 millóns do Goberno en créditos).

Agora, o grupo PSA sortea a produción industrial en exclusiva dun vehículo comercial lixeiro de motorización eléctrica e, segundo o director da planta galega, Pierre Ianni, Vigo ten moitas das papeletas para levarse o premio. Somos optimistas, temos moitos parámetros ao noso favor», afirmou onte, tras exercer de copiloto do conselleiro de Industria, Javier Guerra, na proba do primeiro eléctrico de Citroën, o pequeno C-Zero, que sairá á venda a finais de ano ao prezo aproximado de 30.000 euros.

Ianni recoñeceu que as axudas económicas que tanto a Xunta coma o Goberno estean dispostos a poñer sobre a mesa «será un dos condicionantes importante, como o foron en proxectos anteriores,».

Baterías Mitsubishi

Que outros «parámetros» sitúan a Vigo na pole position para a adxudicación do primeiro coche a pilas que se fabricaría nunha planta do grupo PSA? Ianni destacou aspectos como aforro en custos de produción, competitividade de Vigo fronte a outras plantas, ademais doutros aspectos conxunturais como a situación do mercado e a exportación. Admitiu tamén o papel «ao noso favor» que supoñería a construción dunha planta de baterías de ión litio como a que proxecta o consorcio austrojaponés formado polas multinacionais Mitsubishi, Yuasa e Magna.

A plataforma loxística de Salvaterra e a localidade austríaca de Graz compite pola maior fábrica de pilas para vehículos de Europa, que chegaría acompañada dun investimento de 300 millóns de euros.

Con todos estes elementos a favor para que Galicia produza un coche eléctrico, só queda esperar a decisión de PSA. «Traballamos ben, estamos involucrados e preparados para que Vigo sexa elixida a primeira planta do grupo para fabricar un coche eléctrico», afirmou Pierre Ianni, que contou co apoio expreso de Javier Guerra.

Mesa de ecomovilidad

«A Xunta vai traballar con PSA para o desenvolvemento do coche eléctrico. É un momento importante para o futuro do automóbil e Galicia ten que estar na punta de lanza das novas tecnoloxías. Somos o maior polo do automóbil de España e queremos seguir séndoo, afirmou o conselleiro.

Guerra e Ianni participaron, deseguido, na reunión da Mesa de Fomento da Mobilidade Eléctrica, na que participan o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), o clúster do sector (Ceaga), a Fegamp, a Dirección Xeral de Energía, e empresas do sector da enerxía como Blue Mobility, Gas Natural-Unión Fenosa e Energy Lab. O obxectivo deste organismo é, segundo explicou Guerra, lograr unha visión compartida de todos os axentes involucrados no desenvolvemento da automoción eléctrica en Galicia. «Trátase de reunir os recursos e o financiamento para coordinar e sincronizar a implantación da ecomovilidad», afirmou .

Fonte:

La Voz de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450