usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O Ikea de Xerez primeiro centro comercial climatizado con xeotermia

11/10/2010


As grandes superficies de Alcorcón e Valladolid serán as seguintes en aproveitar a temperatura do subsolo para calefactar ou refrixerar.

A enerxía xeotérmica –que aproveita a temperatura do subsolo, sempre constante a partir de dous metros de profundidade, para xerar calor, frío ou electricidade–, está apenas explotada en España, pero ten moito potencial por desenvolver. De feito, xa se emprega para climatizar vivendas unifamiliares e en altura, en edificios de uso público, como hoteis, oficinas e nun hospital. A eles súmase agora a tenda Ikea de Xerez da Fronteira, a primeira gran superficie comercial de España climatizada mediante esta renovable.


Unha instalación xeotérmica, é bastante «discreta», non se ve a simple vista. Pero, baixo o seu aparcadoiro, hai 50 sondaxes de 127 metros de profundidade separadas 11 metros unha da outra. «Xerez está nunha paraxe perfecta para xerar enerxía xeotérmica», explica Enrique Jiménez, responsable de Proxectos de Expansión de Ikea Ibérica.
«Alí en inverno –prosegue– o subsolo está máis quente e a temperatura aprovéitase para calefactar; en verano, pola contra, está máis frío, polo que se utiliza para refrixerar».
Dende as sondaxes subterráneas ata a sala de máquinas, onde se controla a temperatura, un circuíto, completamente pechado e illado, con 38,5 metros cúbicos de auga, é outro elemento básico do sistema xunto co intercambiador de calor e frío. «Este equipo cubre o 90 por cento das necesidades enerxéticas para calefacción e o 20 para refrixeración. O resto compleméntase con equipos convencionais e caldeiras de biodiésel», precisa Jiménez.

Custo
Para a instalación, de 320 kilovatios (kW) de potencia, investíronse uns 930.000 euros e requiriuse o traballo dun equipo de diversos especialistas: enxeñeiros, xeólogos, etcétera.
«Polas dimensións da tenda, o Código Técnico de Edificación (CTE), obrigábanos a ter unha fonte de xeración de enerxía renovable de 43 kW, que custara uns 170.000 euros. Aínda que non son comparables as potencias entre tecnoloxías, o certo é que superamos amplamente o esixido pola normativa», asegura.
As razóns son cuantiosas: «con esta instalación aforraremos de seis a oito veces máis que coa esixida polo CTE, porque os custos de operación e mantemento son ata un 70 por cento menos que con gasoil. Ademais, ten unha vida útil de 40 anos, pero estará amortizada en oito».
Dende o punto de vista ambiental, «deixaremos de emitir 153 toneladas de dióxido de carbono (CO2) ao ano, e, por suposto, evitamos consumir combustibles non renovables», explica Jiménez.
Xerez, unha das 20 tendas con xeotermia que a compañía sueca ten no mundo, non será a única de España: «Alcorcón e Valladolid, serán as próximas. Implántase nos novos centros situados en zonas xeoloxicamente adecuadas e, por tanto, onde é viable económica e tecnicamente. Porque todas se deseñan para que utilicen unha alta porcentaxe de fontes renovables, segundo o noso proxecto IGR (Ikea vólvese renovable, nas siglas en inglés)», detalla. «O obxectivo –prosegue– é que o 100 por cen da enerxía utilizada pola compañía en todo o mundo proceda de renovables».
«A sostenibilidade forma parte do noso ADN como compañía e esta instalación é unha proba. Estes proxectos permítennos reducir a pegada de carbono, ao tempo que aforramos e repercutimos ese aforro no prezo final dos produtos», afirma Cristina Humet, responsable Comunicación e Sostenibilidade de Ikea Ibérica

Fonte:

La Razón

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450