usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Industria destina 360.000 euros a unha planta de biogás en Mouriscade

12/11/2010


O Consello da Xunta autoriza o convenio da consellería coa Deputación de Pontevedra e Energylab

É un proxecto pioneiro nunha explotación gandeira, que poderá servir para aproveitar xurros de biomasa


O Consello da Xunta autorizou onte a sinatura do convenio entre a Consellería de Economía e Industria, Deputación de Pontevedra e a Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (Energylab) que permitirá a posta en marcha dunha planta de biogás na Finca de Mouriscade, en Lalín. Trátase do primeiro plan demostrativo que se desenvolverá nunha explotación gandeira de vacún, para o que se elixiu como situación a finca do organismo provincial en Lalín: haberá que ver se a cabana estabulada en Mouriscade é suficiente para as necesidades de xurro da planta.

A consellería apoiará este proxecto experimental cunha achega de 360.000 euros, co obxectivo de lograr novas fórmulas enerxéticas capaces de promover o aproveitamento de fontes non contaminantes. Con este proxecto, a Xunta trata de contribuír á busca de novos patróns de produción de enerxía, para unha menor dependencia no consumo de combustibles derivados do petróleo. A tecnoloxía que se porá a proba, a través deste convenio, poderá supor un gran avance no aproveitamento de xurros de biomasa xerada no campo galego.

O proxecto que se desenvolverá na parroquia lalinense unirá á produción de biogás a dun composto fertilizante asociado a ela, polo que dende a Xunta entenden que esta actividade se converte en «unha alternativa interesante para as explotacións gandeiras e as numerosas actividades agropecuarias». A Xunta apoia economicamente o desenvolvemento destas tecnoloxías experimentais no ámbito das enerxías renovables para implantar modelos sostibles de cara ao aproveitamento de fontes máis limpas.

Investimento de 568 millóns

Neste sentido, a Consellería de Industria pretende presentar nas vindeiras semanas o seu novo plan enerxético, que prevé un aforro en enerxía de 568.000 euros diarios ata xaneiro de 2016: a redución sería de 1.037 millóns de euros, pero inclúe a cambio unha inversión directa da Xunta de 568 millóns de euros nos próximos cinco anos, entre outros ámbitos, en proxectos novos coma a planta de biogás que se acaba de aprobar para Mouriscade.

Fonte:

La Voz de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450