usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

A Xunta de Galicia impulsa a mesa da electromovilidade para situar á rexión na vangarda do desenvolvemento e fomento do vehículo eléctrico

06/12/2010


O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presidiu recentemente en Vigo a reunión da Mesa da Electromovilidade de Galicia, na que se pecharon as bases do seu funcionamento interno co obxectivo de situar á Comunidade Autónoma á vangarda do desenvolvemento e o fomento do vehículo eléctrico.

A Xunta serviu para definir a presidencia da Mesa, que será ocupada polo conselleiro de Economía e Industria, coa finalidade de coordinar os traballos encamiñados a vertebrar o desenvolvemento e o fomento do vehículo eléctrico, ofrecer un marco regulatorio estable e avanzar na planificación da estratexia a seguir.

Guerra destacou tamén que a reunión impulsou a creación de catro comisións de traballo, a de regulamentación e normativa, a de tecnoloxía e liñas de I+D+i, a de promoción do vehículo eléctrico e coordinación cos concellos, e a encargada de conformar os proxectos demostrativos que levarán a cabo no sete grandes cidades de Galicia, que servirán para aglutinar esforzos no camiño do futuro, ao que Galicia xa está enganchada.

O conselleiro apuntou que Galicia, co apoio da Xunta e o traballo da Mesa da Electromovilidade, reforzará a súa posición na vangarda de todas as accións encamiñadas ao desenvolvemento do vehículo eléctrico, porque diminuiremos a nosa dependencia de enerxías contaminantes, seremos máis eficientes e axudará a potenciar o noso liderado en enerxías renovables, apuntou Guerra.

O responsable autonómico lembrou que Galicia será a primeira Comunidade Autónoma do Estado en ter lista unha normativa que regula as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico en Galicia, e xa ten definida a rede primaria destas infraestruturas.

Esta rede estará estruturada en tres niveles, e distribuirá por toda Galicia máis de 400 puntos de recarga nos ámbitos urbanos, interurbanos, a través das gasolineiras, e da man de estacións multifuncionais de mobilidade demostrativas, que se instalarán no sete grandes cidades de Galicia e que funcionarán tamén como punto de información, e que contarán cun orzamento de 2 millóns de euros.

Ademais, Javier Guerra apuntou que a Mesa Galega da Electromovilidade, liderada pola Consellería de Economía e Industria, aglutina a todos os estamentos fundamentais da Comunidade Autónoma para que o desenvolvemento do vehículo eléctrico sexa unha realidade inmediata, sustentable e eficiente.

Á reunión asistiron, ademais do conselleiro e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces; Juan Ramón Rodríguez Castro, do grupo PSA Peugeot-Citroën; José Luciano Martínez Covelo, do CEAGA; Luís Moreno Diéguez, do CTAG; María Elena González Sánchez, de Energylab; Josep Coroniu Castelló, de Gas Natural Fenosa; Santiago Blanco Pérez, de Indra; e Alberto Casal da Vila, de Bluemobilty.

Fonte:

ecomove.es

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450