usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Software de Análise de Proxectos de Enerxía Limpa RETScreen

12/04/2011


O Software de Análise de Proxectos de Enerxía Limpa RETScreen é unha ferramenta de apoio para a toma de decisións, única no seu xénero, desenvolvida coa contribución de numerosos expertos do goberno, industria, e académicos. O software proporcionado é gratuíto, pode ser usado en todo o mundo para avaliar a produción de enerxía e aforros, custos de ciclo de vida, redución de emisións, aspectos financeiros e de risco de varios tipos de tecnoloxías de enerxía eficiente e renovables. O software tamén inclúe bases de datos de produtos, custos e climáticos; e un manual de usuario detallado.

RETScreen reduce considerablemente os custos (tanto financeiros coma de tempo) asociados á identificación e avaliación de proxectos enerxéticos potenciais. Os custos, que xorden nas fases de estudos de prefactibilidade, factibilidade, desenvolvemento e enxeñaría, poden supoñer barreiras considerables para o desenvolvemento de Tecnoloxías de enerxías Renovables e de Eficiencia enerxética. Mediante a súa contribución á eliminación das devanditas barreiras, RETScreen reduce os custos de implementación dos proxectos e dos negocios no sector das enerxías limpas.

DESCARGARDESCARGAR

Fonte:

EnergyLab

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450