usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

España pon en marcha un plan de aforro enerxético para aforrar 78678 millóns

02/08/2011


O Goberno de España espera aforrar no capítulo enerxético 78.687 millóns de euros nesta década grazas ao Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética 2011-2020 que acaba de poñer en marcha tras a aprobación en Consello de Ministros.

Segundo destaca o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a súa posta en marcha supoñerá un acicate para a economía española, posto que a aplicación das medidas contempladas no plan mobilizará uns investimentos por valor de 45.985 millóns de euros, que contribuirán significativamente á creación de emprego.

Neste último aspecto, o plan estimulará a produción de emprego no sector da eficiencia enerxética, un sector que representa actualmente en España o 1,8% do PIB e que previsiblemente alcanzará o 3,9% en 2020, ocupando nese ano máis de 750.000 traballadores.

O plan aprobado supoñerá, segundo o Goberno, outros importantes beneficios engadidos, entre eles a diminución da dependencia enerxética do exterior (ao reducir as importacións de combustibles fósiles), o que rebaixará o déficit comercial e mellorará a balanza de pagamentos, así como a mellora do medio ao evitar a emisión de 400 millóns de toneladas de CO2.

O plan fixa un obxectivo de aforro de enerxía primaria dun 20% en 2020, coherente co obxectivo comunitario de mellora da eficiencia enerxética acordado polo Consello Europeo o 17 de xuño de 2010 e incorporado pola propia Comisión Europea á recente proposta de directiva sobre eficiencia enerxética, actualmente en tramitación.

Co novo plan o Goberno pretende dar continuidade aos resultados conseguidos nos últimos anos no capítulo do aforro e da eficiencia enerxética, que, segundo Industria, se poden resumir en que España se adiantou en seis anos ás propias metas da Unión Europea, posto que anticipou a 2010 o cumprimento do obxectivo do 9% de aforro de enerxía primaria sobre 2007 marcado pola directiva europea para o ano 2016.

Fonte:

La Razón

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450