usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O IDAE habilita 30 millóns de euros para axudas para a substitución de ópticas de semáforos a tecnoloxía LED

29/09/2011


O Plan de Intensificación do Aforro e a Eficiencia Enerxética aprobado o pasado mes de marzo en Consello de Ministros considerou, entre outras medidas, o acordo para culminar a substitución de ópticas de semáforos que queden por transformarse a LED nos municipios españois, e sobre a base dos resultados conseguidos polo IDAE no "Programa de substitución de ópticas de semáforos á nova tecnoloxía LED" efectuado entre os anos 2007 e 2009, e que supuxo a subministración de 461.791 ópticas a un conxunto de 599 concellos. O sector profesional estima que este programa reformou un terzo do parque de semáforos, que outro terzo representaría o xa acometido de forma directa polos concellos e o actualmente executado pola inercia do programa do IDAE, pero que queda aínda un terzo por substituír as súas ópticas de lámpadas incandescentes a tecnoloxía LED.

Agora o IDAE persegue culminar a substitución desas ópticas co mesmo mecanismo implantado no seu día, é dicir, mediante a subscrición dun acordo entre o IDAE e cada concello polo cal o IDAE subministrará as ópticas que solicite o concello e este efectuará a montaxe destas ao seu cargo, para o cal o concello deberá remitir, xunto á aceptación do acordo, unha memoria descritiva das ópticas de semáforos por tipos, cores e tamaños que propón substituír no seu municipio.

Este proxecto pretende a substitución dun máximo de 500.000 ópticas (100.000 semáforos), mediante a convocatoria dun concurso de subministracións de ópticas LED cun gasto de investimento de 30.000.000 euros (IVE incluído).

Resolución do 14 de setembro de 2011, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se publica a Resolución do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía, do 28 de xuño de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do segundo Programa de axudas para a substitución de ópticas de semáforos á nova tecnoloxía LED, con fins de aforro enerxético, dirixido a concellos

http://www.idae.es/index.php/id.138/relcategoria.121/relmenu.31/mod.noticias/mem.detalle

Fonte:

IDAE

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450