usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Valencia destinará 35 millóns ao aforro enerxético en 2012

25/11/2011


O director xeral de Enerxía, Antonio Cejalvo, afirmou que no próximo ano 2012, "a Consellaría de Economía, Industria e Comercio, a través da Axencia Valenciana da Enerxía vai destinar 35 millóns de euros para fomentar proxectos de aforro e eficiencia enerxética en todos os sectores económicos da Comunidade, co fin de reducir o consumo enerxético, mellorar a competitividade das empresas e reducir o impacto ambiental"

Cejalvo manifestouse nestes termos durante a visita que realizou a empresa agroalimetaria Roquete Laisa, en Benifaió. Durante a súa visita fixo fincapé en "a importancia de que as empresas desenvolvan medidas de aforro enerxético porque a factura enerxética ten cada vez máis peso nos custos totais das empresas e por iso reducir os consumo enerxéticos significa ser máis eficientes e máis competitivos".

O director manifestou que Roquette Laisa é un exemplo de incorporación de medidas de eficiencia enerxética nas súas instalacións e procesos produtivos e destacou que vimos colaborando dende hai anos no desenvolvemento de proxectos de aforro e mellora da eficiencia enerxética na súa planta de Benifaió".

Cejalvo engadiu que "Roquette Laisa é unha das empresas da Comunidade Valenciana que máis investiu tanto na investigación coma en mellora de novos sistemas produtivos máis eficientes enerxeticamente". Hai que destacar tamén que Roquette Laisa foi ademais unha das primeiras industrias que apostou pola coxeración como unha forma eficiente de utilizar a enerxía e reducir os custos enerxéticos da súa empresa.

En total, a AVÉN ten apoiado un total de 11 proxectos de aforro en Roquette Laisa, cun investimento inducido de 3,52 millóns de euros e unha axuda concedida de 591.772 euros. Os proxectos apoiados inclúen unha auditoría enerxética integral á planta de Benifaió, e 10 proxectos de aforro e eficiencia enerxética, que inclúen recuperacións de calor, redución de consumo e lavador de gases no secadoiro de glute, instalación de variadores de frecuencia en motores de gran potencia, reutilización do destilado en queimadores, etc.

En total, os proxectos subvencionados pola AVÉN en Roquette Laisa permiten un aforro enerxético de 2.500 (tep) toneladas equivalentes de petróleo, o que en termos económicos supón unha redución na factura enerxética da empresa de 1,2 millóns de euros.

Máis de mil proxectos apoiados dende 2006

O director xeral afirmou que dende o ano 2006 ata o ano 2011, se apoiaron un total de 1.500 proxectos de investimentos en aforro de enerxía, o que supuxo un investimento inducido de máis de 136 millóns de euros e unha axuda de 25 millóns de euros.

"Isto ten unha clara repercusión sobre a competitividade das nosas empresas xa que reduciu o consumo enerxético en máis de 125.00 tep/ano, o que en termos económicos supón unha redución da factura de arredor de ao redor de 50 millóns de euros" engadiu.

Por outra parte, dende o ano 2006, apoiáronse un total de 182 asesorías enerxéticas, para os cales a AVÉN destinou un total de 1,3 M€, cun apoio medio por auditoría do 65% do custo desta.

Ademais, apoiáronse un total de 121 estudos de viabilidade e auditorías de plantas de coxeración cun investimento inducido de 1,25 M€ e unha axuda de 0,9 M€ o que supón unha media do 70% do investimento.

http://www.ambientum.com/boletino/noticias/Valencia-destinara-35-millones-euros-ahorro-energetico-2012.asp

Fonte:

AMBIENTUM.COM

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450