usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Ata 45.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética nos edificios vascos

23/11/2011


O Consello do Goberno vasco aprobou a modificación da orde sobre medidas financeiras para a rehabilitación de vivenda co fin de incluír as subvencións para a elaboración dos informes da Inspección Técnica dos Edificios (ITES) e para intervir na envolvente térmica dos edificios co obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética.

A orde modificada regula o acceso a un financiamento cualificado, concretamente na concesión de préstamos en condicións especiais e na concesión de subvencións a fondo perdido destinadas ás persoas e ás Comunidades de Propietarios que realicen actuacións protexidas de rehabilitación.
Unha das novidades introducidas na orde consiste en que o Goberno cubrirá o custo dos honorarios profesionais correspondentes á elaboración dos informes técnicos derivados da inspección periódica de construcións e edificacións de máis de 50 anos de antigüidade. Neste caso, a subvención poderá ser de ata o 100% do importe dos honorarios, cun tope máximo de 1.000 euros.


http://www.ambientum.com/boletino/noticias/Hasta-45000-euros-mejorar-eficiencia-energetica-edificios-vascos.asp

Fonte:

AMBIENTUM.COM

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450