usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O distintivo de Cidade da Ciencia e a Innovación chega a 17 novas localidades

25/11/2011


A acreditación recoñece o compromiso das cidades coa I+D+i e a súa contribución dende o local ao cambio de modelo produtivo

O Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu o distintivo de Cidade da Ciencia e Innovación a 17 novos municipios, que se sumarán aos 30 que o obtiveron na primeira edición. Esta acreditación premia o compromiso das cidades coa I+D+i e a súa contribución dende a esfera local ao cambio de modelo produtivo.

As cidades premiadas nesta edición foron, na categoría de máis de 100.000 habitantes, Barakaldo (Biscaia), Bilbao (Biscaia), Burgos, Lleida, Madrid, Málaga, Móstoles (Madrid); na de 20.001 a 100.000 habitantes, Alcalá de Guadaira (Sevilla), Alcoy (Alicante), Villarreal (Castelló) e Yecla (Murcia); e na de ata 20.000 habitantes Abanto e Ciérvana (Biscaia), Cervera (Lleida), Etxebarri (Biscaia), Ejea de los Caballeros (Zaragoza), Gotarrendura (Ávila), Los Santos de Maimona (Badaxoz).

Todos estes municipios contarán cunha serie de beneficios no marco das políticas de I+D+i, ao pasar a formar parte da Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación (Rede INNPULSO). A distinción obtense por un período de tres anos, a súa renovación depende logo das actuacións en materia de ciencia e innovación realizadas por cada cidade nese período.

Nesta edición valorouse o grao de concordancia dos proxectos presentados coa Estratexia Estatal de Innovación (e2i); o esforzo investidor dos concellos en proxectos de innovación; o impacto esperado das melloras ou cambios introducidos tras a implementación dos proxectos innovadores (medido en indicadores da e2i, como son postos de traballo, creación de empresas, proxectos de compra pública innovadora ou capital privado investido); así como posibilitar a contratación de tecnólogos a través dalgún dos programas INNCORPORA.
O xurado tivo ademais en conta os concellos que asinaron co Ministerio o protocolo de adhesión á e2i: Bilbao, Lleida, Alcoy e Etxebarri.

Rede de 'Cidades da Ciencia e a Innovación'

A rede INNPULSO potencia a relación entre os concellos e a realización de proxectos de colaboración. Formar parte desta rede leva consigo unha serie de beneficios no marco das políticas de I+D+i e de desenvolvemento local:

Autorización para o uso da distinción na comunicación e promoción da cidade, tanto a nivel nacional e internacional.
Fomento e impulso de proxectos colaboradores entre os municipios que se integren na Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación.
Integración da Rede como entidade de referencia sobre turismo científico.
Promoción das Cidades da Ciencia e a Innovación en eventos internacionais relacionados con I+D+i e o desenvolvemento baseado no coñecemento.
Consideración preferente destas cidades para a situación de instalacións científicas e tecnolóxicas de titularidade ou participación estatal, así como para situar nodos da rede de Puntos de Información sobre I+D+i, (rede PIDI).
Priorización destas cidades como lugares preferentes para organizar as reunións entre distintas administracións e outros axentes do sistema de I+D, así como para a celebración de congresos e seminarios dos seus Organismos Públicos de Investigación.
Constitución do Consello Reitor

O pasado mes de marzo elixiuse a Barcelona como Concello para albergar a presidencia do Consello Reitor desta rede. Durante un ano, Barcelona é a encargada de representar á rede INNPULSO, de convocar as reunións do Pleno, dirixir as deliberacións e executar os acordos.

Así mesmo, elixiuse en Pleno aos seis concellos vocais que formarán parte do Consello Reitor e que representan ás diferentes modalidades: San Sebastián e Valencia, na categoría de máis de 100.000 habitantes, Cáceres e Rivas Vaciamadrid, na de 20.001 a 100.000 e Ermua e Benilloba na modalidade de ata 20.000 habitantes.

Principais actuacións nas cidades distinguidas

Dende a constitución da rede, o Ministerio de Ciencia e Innovación celebrou actos en diferentes localidades distinguidas, entre as que destacan a entrega dos Premios Nacionais de Deseño, en Cáceres; a Asemblea de constitución da Rede INNPULSO, en Barcelona; ou o Pleno da Rede de Políticas Públicas de I+D+i, en Tres Cantos (Madrid).

Máis información sobre a rede INNPULSO na súa web ( http://www.innpulso.es ).

Fonte:

MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450