usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Aprobación das novas estruturas ministeriais

04/01/2012


O 2 de xaneiro de 2012 publicouse no BOE a normativa pola que se reestruturan os departamentos ministeriais e o desenvolvemento organizativo do novo Ministerio de Economía e Competitividade.

O novo Ministerio conta con tres Secretarías de Estado: a Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa; a Secretaría de Estado de Comercio; e a Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Corresponde ao Ministerio a proposta e execución da política do Goberno en materia económica e de reformas para a mellora da competitividade, de investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores, a política comercial e de apoio á empresa, así como o resto de competencias e atribucións que lle confire o ordenamento xurídico.
Poden consultarse os reais decretos no seguinte enlace: http://bit.ly/zl0jO3

Fonte:

Ministerio de Economía y Competitividad

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450