usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Europa lanza unha consulta sobre a iluminación LED

20/12/2011


A Comisión Europea adoptou un Libro Verde sobre o futuro da iluminación LED e lanzou unha consulta pública en relación con este tema.

A LED é unha das formas de iluminación máis versátiles e que menos enerxía consumen (en comparación con outras tecnoloxías de iluminación, pode aforrar ata un 70% de enerxía e de diñeiro). Se se acelera o despregamento desta tecnoloxía, asegurarase o éxito do sector europeo da iluminación e contribuirase a que antes de que conclúa 2020 se reducise un 20% o consumo de enerxía procedente da iluminación. A tecnoloxía LED, non obstante, enfróntase a unha serie de problemas no mercado: os seus altos prezos de venda (por ser unha tecnoloxía máis sofisticada que outras alternativas), o descoñecemento que teñen dela os seus usuarios potenciais e a falta de normas comúns que a regulen. Son eses problemas os que determinaron o lanzamento dunha consulta que estará aberta ata o 29 de febreiro de 2012 para solicitar opinións sobre as ideas expresadas pola Comisión.
En palabras do Vicepresidente da Comisión Europea Neelie Kroes, "a necesidade da iluminación LED non admite discusión: a súa expansión significará aforro de diñeiro e un planeta máis san. Solicitamos ideas sobre a forma de acelerar o despregamento desta tecnoloxía e de maximizar o número de empregos e a cantidade de diñeiro aforrado que pode conseguir Europa con ese despregamento".

Entre as preguntas máis importantes da consulta pública, figuran as seguintes:

Que medidas poderían axudar a eliminar os obstáculos existentes e a acelerar o despregamento da tecnoloxía LED en Europa?
Como pode garantirse no mercado europeo un nivel de calidade e seguridade dos produtos que responda ás expectativas dos consumidores?
De que forma podería reforzarse a cooperación do sector da iluminación con arquitectos e deseñadores da iluminación, con instaladores eléctricos e co sector da construción?
Como pode apoiar a UE mellor o espírito de empresa e a competitividade no sector da iluminación?
Un dos obxectivos fundamentais da Axenda Dixital para Europa é impulsar a iluminación LED e o aforro de enerxía que ela leva consigo (véxanse os documentos IP/10/581, MEMO/10/199 e MEMO/10/200).
Contexto

Coa eliminación gradual ata setembro de 2012 da venda de lámpadas tradicionais na UE, formularase a necesidade nuns poucos anos de substituír con solucións de iluminación enerxeticamente máis eficientes os preto de 8 000 millóns de lámpadas incandescentes que existen hoxe nos fogares, oficinas e rúas de Europa. Entre esas solucións, encóntranse as tecnoloxías de iluminación LED e LED orgánica (ou ULIDE), coñecidas tamén como "iluminación de estado sólido" (Solid State Lighting ou SSL).

A SSL ofrece non só unha luz e un rendemento visual de alta calidade, senón tamén unhas opcións de deseño cada vez mellores.

A SSL pode achegar innovación aos sectores da iluminación e a construción e abre unha infinidade de oportunidades ás nosas empresas - moitas delas PEME -, favorecendo así o crecemento e a creación de emprego en Europa.


http://www.ambientum.com/boletino/noticias/Europa-lanza-consulta-sobre-iluminacion-LED.asp

Fonte:

AMBIENTUM.COM

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450