usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O Instituto Catalán da Enerxía destina 14 millóns de euros a contratar ESEs

29/12/2011


A Generalitat de Catalunya anunciou onte que destinará á contratación de Empresas de Servizos Enerxéticos unha partida de 14 millóns de euros procedente do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Segundo a nota difundida polo Instituto Catalán da Enerxía (Icaen), a medida pretende "racionalizar o gasto enerxético na administración catalá e local e consolidar a figura das empresas de servizos enerxéticos".

O Govern de Cataluña autorizou o Icaen a subscribir un convenio de colaboración co IDAE para destinar a Cataluña 14,2 millóns de euros correspondentes ao Plan de Impulso á Contratación de Servizos Enerxéticos. Tal e como prevé o acordo, o Icaen xestionará a partida, que é achegada polo IDAE no marco do Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética. O obxectivo do convenio é animar as administracións a contratar ESEs co dobre propósito -di o Icaen- de conseguir "unha racionalización do gasto enerxético no sector público e de consolidar este novo sector de actividade".

No ámbito municipal, prevese que os recursos procedentes deste convenio incentiven actuacións e investimentos por valor de 46,7 millóns de euros en medidas de aforro e eficiencia enerxética. Precisamente nesta liña, o Govern aprobou o pasado mes de agosto o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nos Edificios Públicos, que ten como obxectivo aplicar medidas de aforro e eficiencia enerxética nas súas dependencias para aforrar ata un 12% de enerxía no ano 2014. O plan prevé mobilizar, segundo o Icaen, 296 millóns de euros en investimentos en materia de aforro e eficiencia enerxética e aforrar 420 millóns de euros na factura enerxética durante o período 2011-2026. [O Icaen cumpre vinte anos en 2011].

Máis información

http://www.icaen.es

Fonte:

Energías Renovables

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450