usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Fenosa baralla Vigo para instalar o seu centro de desenvolvemento

27/01/2012


Tras presentar a empresa con sede na comunidade, agora ultima dous centros, un de excelencia hidráulica e mariña na cidade e outro de control do negocio hidráulico.
Cando Gas Natural se fixo con Fenosa, tras o seu intento de entrar en Endesa, a expectación foi máxima sobre o tratamento que tería Galicia por parte da compañía catalá.


Na primeira xunta de accionistas, tras a fusión, o presidente de Gas Natural, Salvador Gabarró, anunciou que mantería o nome de Fenosa, o que soou a aposta pola comunidade. En setembro pasado, Gabarró viaxou a Galicia para anunciar que se creaba unha empresa independente de nome Fenosa e con sede galega para xestionar activos na comunidade, pero tamén en todo o mundo, todos renovables (hidráulica, eólica e biomasa).

Agora a compañía baralla Vigo para situar o seu centro de desenvolvemento e investigación hidráulica e mariña que está a ultimar e sobre o que non transcendeu a instalación definitiva. Precisamente na cidade constituíuse ante notario a eléctrica en 1943.

Así que por un lado Galicia se converteu na sede internacional da unidade de enerxía hidráulica do grupo e albergará un centro de control das centrais hidráulicas que operan en todo o mundo, segundo anunciou en setembro a compañía. Por outro lado, Fenosa está a constituír o Centro de Excelencia Hidráulico en materia de I+D+i no ámbito da enerxía hidráulica e mariña. Este centro, para o que baralla Vigo como situación, servirá para fomentar e canalizar iniciativas innovadoras procedentes de universidades, empresas e centros de investigación galegos. Fenosa participará, así mesmo, na creación e desenvolvemento da plataforma enerxética mariña de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia.

Algunhas das actividades deste centro serían a exploración continua das mellores prácticas mundiais en materia de deseño, construción e explotación de infraestruturas de xeración hidráulica convencional e mariña; o desenvolvemento de técnicas predictivas para o recurso hídrico convencional e mariño, e de ferramentas de previsión e laminación de avenidas, estudos de integración das infraestruturas hidráulicas na sociedade e o desenvolvemento e pilotaxes de técnicas de auscultación e vixilancia de presas.

Fonte:

Atlántico

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450