usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

EFICIENTIC FINALIZA COA PARTICIPACIÓN DE 800 ESTUDANTES GALEGOS

22/02/2012


EficienTIC foi o primeiro proxecto de colaboración entre as entidades ENERGYLAB, GRADIANT e CITEXVI, con actividades gratuítas para os centros cofinanciadas por FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e coa participación de 100 alumnos de secundaria e bacharelato en cada xornada,

EficienTIC en cifras:
- un total de 800 estudantes aprenderon das actividades de EficienTIC.
- 8 xornadas, repartidas en 4 semanas.
- participaron 15 centros de estudos diferentes.


As actividades que formaban esta iniciativa desenvolvéronse en oito xornadas, nas instalacións das xa citadas entidades.

O obxectivo fundamental das actividades era concienciar os alumnos acerca do uso eficiente da tecnoloxía e a enerxía, e a utilización de ambas as dúas para coidar o medio. Os alumnos aprendienron entre outras cousas, como funciona unha pila de hidróxeno, como evolucionaron os teléfonos móbiles, de que xeito un bo illamento da vivenda evita perdas de enerxía, como deben usar o ordenador para aforrar, como aplicar o recoñecemento facial, o xeito de acender unha radio coa calor dunha vela ou como pode funcionar un Scalextric a través dunhas bicicletas.

Utilizáronse diferentes recursos para facilitar a explicación das actividades; entre outros: unha aplicación creada en Gradiant como o recoñecemento biométrico, unha cámara termigráfica para visualizar os efectos dos diferentes tipos de illamento nunha vivenda rganizado por EnergyLab, un panel medidor do consumo de diferentes tipos de lámpadas e tubos, tamén puideron ter unha visión máis clara dun sistema de hidróxeno a pequena escala....

Os estudantes aprenderon o concepto de "energy harvesting" que consiste en aproveitar a enerxía residual presente no ambiente (unha vela por exemplo) e deste modo proudcir enerxía eléctrica (para almacenala ou alimentar sistemas de baixo consumo).


Todas estas actividades completábanse cunha charla inicial acerca da eficiencia enerxética e unha visita ao edificio CITEXVI.

Un gran número de centro foron participes destas actividades.

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450