usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Economía e Industria promove a eficiencia enerxética na industria do frío para impulsar a redución do consumo e o aforro económico

23/03/2012


O director do Inega, Eliseo Diéguez, destacou en Vigo na inauguración dunha xornada centrada neste sector a aposta da Consellería polo uso racional da enerxía
No encontro achegouse información sobre as distintas axudas postas a disposición das empresas polo departamento que dirixe Javier Guerra para a realización de auditorías enerxéticas ou para a substitución de equipamentos



Diéguez recordou que a Consellería de Economía e Industria leva investido nesta lexislatura preto de 60 millóns de euros no programa de actuacións de aforro e eficiencia enerxética, que permitiron alcanzar un aforro económico de 90 millóns de euros.

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, salientou hoxe na inauguración dunha xornada sobre Eficiencia Enerxética en Industrias do Frío a aposta da Xunta pola promoción da eficiencia enerxética para impulsar a redución do consumo e o aforro económico e diminuír a emisión de contaminantes á atmosfera.

Diéguez recordou que a Consellería de Economía e Industria pon cada ano a disposición das empresas distintas liñas de axudas tanto para a realización de auditorías enerxéticas, nas que se analizan os procesos produtivos e se propoñen medidas de redución de consumo; como para apoiar proxectos de eficiencia, que contemplan entre outros aspectos a substitución de equipos e instalacións por outros que reduzan o consumo enerxético.

A través das distintas liñas e programas de aforro e eficiencia enerxética, alcanzouse, no que vai de lexislatura, un investimento conxunto próximo aos 60 millóns de euros que permitiron un aforro económico de 90 millóns, e evitouse a emisión á atmosfera de 42.000 toneladas de CO2. Dentro destas actuacións compréndense os Plans Renove, que contribúen dun modo adecuado e sinxelo a acadar unha maior eficiencia enerxética nos fogares galegos. Ademais, a través do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética da Administración Pública Galega, a Xunta está a realizar proxectos en numerosos centros públicos da nosa comunidade.

No sector industrial, a Consellería de Economía e Industria aposta pola realización de estudos e proxectos de eficiencia, con subvencións que alcanzan ata o 75% do seu custo. Unha liña de actuación que tamén se aplica no transporte, na edificación, nos servizos públicos, ou no sector da agricultura e da pesca.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa?p_p_id=novas_portlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_novas_portlet_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FNovas%2Fnova_estandar19650.html

Fonte:

Xunta de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450