usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

A Xunta impulsa medidas de aforro e eficiencia enerxética en edificios públicos

19/05/2012


As consellerías de Economía e Industria e Traballo e Benestar colaboran para facer un uso máis eficaz da enerxía nos edificios públicos.

*A primeira actuación levarase a cabo na Residencia de Maiores de Oleiros, na Coruña.
*A actuación se encadra dentro do Plan Aforro e Eficiencia Enerxética na administración pública galega polo que o Goberno galego ten como obxectivo acadar un aforro dun 20% no consumo de enerxía final.


As Consellerías de Economía e Industria e de Traballo e Benestar asinaron un acordo para desenvolver actuacións de aforro e eficiencia enerxética e fomento do uso das fontes renovables en edificios públicos, que comezará a desenvolverse na residencia de maiores do Concello de Oleiros.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) prestará asesoramento técnico e xurídico á Consellería de Traballo e Benestar durante a execución do convenio. Así mesmo, as actuacións serán desenvolvidas por empresas de servizos enerxéticos (ESE), co fin de dinamizar o mercado deste tipo de empresas e dar cumprimento ao Plan de Activación de Empresas de Servizos Enerxéticos (Plan 2000 ESEs).

Deste xeito, a Xunta de Galicia prosegue o desenvolvemento dunha política enerxética baseada no aforro e na eficiencia como piares básicos, e que se centra no impulso da redución do alto consumo enerxético, coa utilización de recursos renovables, e no favorecemento do uso racional da enerxía.

O acordo encádrase dentro do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética 2011-2013 na Administración pública galega polo que o Goberno galego acadará un aforro dun 20% no consumo de enerxía final. Co desenvolvemento deste plan, o departamento que dirixe Javier Guerra impulsará un aforro de preto de 100 millóns de euros, nos próximos dez anos.

Esta estratexia suporá importantes vantaxes ambientas para Galicia, tendo en conta que os estudos realizados para o desenvolvemento do plan amosan un potencial de aforro de 68.000 MWh/ano, o que permitirá evitar a emisión á atmosfera de máis de 20.800 toneladas de CO2.

Fonte:

Xunta de Galicia

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450