usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

MEDIDAS PARA AFORRAR ENERXÍA ESTE VERÁN E REDUCIR OS GASTOS EN CLIMATIZACIÓN UN 30%

15/06/2009


Coa a chegada do verán, o aumento do uso dos aparellos de aire acondicionado fan crecer nun 45% o consumo enerxético provocando un notable aumento nas facturas eléctricas. Agora máis que nunca, cara a actual situación económica das familias españolas é necesario adoptar todo tipo de medidas que contribúan ó aforro nas facturas.

Máis dun millón de aparellos de aire acondicionado instálanse en fogares cada ano en España. Todas estas instalacións fan medrar nun 45% o consumo enerxético no verán provocando un notable aumento nas facturas eléctricas.
Ademais, agora máis que nunca, fronte á actual situación económica das familias españolas é necesario adoptar todo tipo de medidas que contribúan ó aforro nas facturas.

“Os efectos ocasionados na economía doméstica pola subida do consumo eléctrico durante os meses de verán, poden verse minimizados ata un 30% se adecuamos o aislamento das vivendas, favorecendo o aforro enerxético”, asegura Jordi Bolea, responsable do departamento de Regulamentación Técnica e Certificación de Productos de Rockwool.

O aislamento térmico, clave para aforrar enerxía no fogar
O aislamento é unha das medidas mais rentables para reducir á demanda de enerxía pois evita as perdas enerxéticas a través da cuberta e fachadas.

Segundo datos do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía), en España máis da metade dos edificios están construídos sen a protección térmica adecuada. Por isto, unha das solucións claves para a reducción do consumo enerxético é a implantación de medidas pasivas de rehabilitación enerxética, baseadas no aumento dos niveis de aislamento dos edificios.

Na opinión de Jordi Bolea, “A eficiencia enerxética resultante dun mellor aislamento das vivendas é a fonte principal de aforro. A nivel medioambiental, o aislamento térmico supón un importante aforro no consumo enerxético que reflicte nunca disminución estimada do 30% na factura eléctrica dos inquilinos. Todo sen perder calidade nin confort térmico e logrando unha consecuente reducción das emisións de gases CO2”.

¿Por qué aforrar enerxía?

O potencial aforro da enerxía a través dos edificios non só se traduce nun aforro nas facturas, se non que, ademais, contribúe á reducción das emisións de CO2 á atmosfera.

“Ser responsables á hora de utilizar ó aire acondicionado axuda a mellorar o medio ambiente, disminuíndo a emisión de gases contaminantes. A eficiencia enerxética converteuse na meirande fonte de enerxía”, comenta Jordi Bolea.

Este é un dos principias obxectivos do XV Cumio das Nacións Unidas sobre Cambio Climático que terá lugar o próximo decembro en Copenhague, co obxectivo de negociar un documento sobre eficiencia enerxética que substituirá ó actual Protocolo de Kyoto (que expira no 2012).

A Certificación Enerxética dos Edificios

Dende o pasado 1 de novembro é obrigatorio por á disposición dos compradores ou usuarios dos edificios novos o Certificado de Eficiencia Enerxética que describe as súas características enerxéticas.

Con esta normativa, todas aquelas vivendas de nova construcción ou edificios nos se realicen reformas ou rehabilitacións renovando máis do 25% do total dos cerramentos, están obrigadas a dispor dunha etiqueta informativa de Clase Enerxética de Eficiencia, que variará dende a clase A, para os enerxéticamente máis eficientes, á clase G, para os menos eficientes. Segundo Jordi Bolea, “É importante que os usuarios teñan en conta este Certificado pois é unha garantía para o aforro de enerxía”.

Fonte:

Informativos.net

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450