usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

A Comisión Europea prepara un plan para potenciar a eficiencia enerxética

23/07/2009


A Comisión Europea (CE) presentará en outono un plan de acción para aumentar a eficiencia enerxética no ámbito comunitario, segundo anunciou a ministra sueca de Empresa e Enerxía, Maud Olofsson, como país que exerce a Presidencia de turno da Unión.

Os ministros de Enerxía da Unión Europea han discutiron hoxe en Aare, no centro de Suecia, as próximas estratexias comunitarias para incrementar a eficiencia enerxética e cumprir cos seus plans de loita contra o cambio climático. Os titulares europeos de Enerxía celebran un Consello informal nesa localidade sueca, onde os acompañarán a partires de mañá os seus colegas de Medio Ambiente.
Ademais, Olofsson asegurou que existe un “forte compromiso” dos ministros europeos para converter o paquete comunitario de medidas contra o quentamento global nunca ferramenta para obter un acordo no cumio da ONU sobre o clima o próximo decembro en Copenhague.

A UE comprometeuse en decembro a reducir no 2020 as súas emisións de CO2 un 20 por cento respecto a 1990, utilizar un 20% de enerxía procedente de fontes renovables e aforrar un 20% da enerxía consumida. Olofsson tamén se referiu á importancia da “educación e a formación” dos consumidores para lograr eses obxectivos, así como á necesidade de cooperar coas pemes e axudar a crear novos negocios no sector.

O comisario europeo de enerxía, Andris Piebalgs, concretou que a Comisión presentará a finais de novembro un “ambicioso” plan “como preparación do cumio de Copenhague”, e asegurou que, antes de que remate a presidencia sueca a finais deste ano, espera concluír propostas como a que se refire ó etiquetado de productos que consumen menos enerxía.

Piebalgs tamén se mostrou confiado en poder adoptar a nova lexislación europea sobre a seguridade do subministro de gas o antes posible. Preguntado pola posibilidade de que Europa padeza novos cortes de gas ruso procedente de Ucrania, o comisario afirmou que o Executivo comunitario está traballando en medidas para evitar esa situación.

“Mantemos contactos permanentes cos nosos socios rusos e ucranianos, así como coas institucións financeiras”, destacou, co obxectivo de negociar solucións a medio e longo prazo que faciliten a compra de gas ruso pola parte de Kiev.

“Agardo que non nos enfrontemos a ningunha crise e que non teñamos ningunha durante a presidencia sueca nin durante a española (no primeiro semestre de 2010)”, concluíu Piebalgs.

Pola súa parte, o director executivo da Axencia Internacional da Enerxía (IEA en inglés), Nobuo Tanaka, incidiu en que a eficiencia enerxética será un modo “barato” de reducir as emisións de CO2, xa que o 54% dos gases que causan o efecto invernadoiro deberase ó aforro de enerxía.

Por último, o secretario de Estado de Enerxía español, Pedro Luis Marín, -quen asistiu en representación da presidencia española de turno da UE, que tomará o relevo a Suecia en xaneiro de 2010-, calificou de “excelentes” os avances para crear unha axencia de reguladores europeos de enerxía.

En decembro, os Estados membros deberán decidir qué país acollerá a sede do organismo e, para isto, barállanse tres opcións: Eslovenia, Eslovaquia ou Romanía.

Fonte:

Expansión

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450