usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

A UE inicia o proceso de retirada das bombillas tradicionais

31/08/2009


O plan prevé un aforro duns 11.000 millóns anuais, a razón de ata 160 euros por fogar.
A industria deixará de servir a partir de mañá lámpadas incandescentes de mais de 100 vatios.


Se Thomas Alva Edison levantara a cabeza seguro que se horrorizaría. O inventor da bombilla incandescente presenciaría a partires de mañá martes o inicio do plan comunitario deseñado para eliminar gradualmente esta forma centenaria de iluminación co que a Unión Europea (UE) prevé una forro enerxético anual equivalente a uns 11.000 millóns de euros, a razón de entre 50 e uns 160 euros –segundo distintos estudios- por fogar.
As bombillas non desaparecerán dun día para o outro. Pero a partires de mañá, os productores deixarán de distribuír as de 100 vatios (W) e máis, tal como prevé o calendario da UE. Este tipo de bombilla durará o tempo que dure os stocks que ten as tendas.
Os principais fabricantes son a holandesa Philips; a alemana Osram, pertencente a Siemens; at amén alemana Sylvania, adquirida no 2007 pola india Havells; e en EEUU, General Electric, a compañía herdeira de Edison. Entre todas repártense a meirande parte dos 1.000 millóns de bombillas incandescentes que se consumen anualmente en Europa. Estímase que o redor do 12% - uns 120 millóns- son as de 100 ou máis vatios.
O proceso, acordado en decembro pasado e ratificado en marzo deste ano, dentro do conxunto de medidas para un desenvolvemento sostible, culminará en setembro do 2012. “A industria da iluminación está preparada para afrontar o novo cambio de tecnoloxía”, apuntan dende Osram.
MENOS CONSUMO / De feito, esta compañía, coma as outras, conta cun gran catálogo de lámpadas fluorescentes compactas ou de baixo consumo e haloxenas, as que substitúen xa ás bombillas incandescentes e que proporcionan, en termos medios, aforros enerxéticos do 75% no primeiro caso, e do 25% ó 50%, con respecto ó vello invento de Edison.

Ninguén lle quita o mérito a un sistema de iluminación que perdura dende 1879. Pero os tempos cambian e a sociedade rexeita hoxe puntos de luz que só empregan entre o 5% e o 10% da enerxía que consumen para iluminar. O resto pérdese en forma de calor.


Para as compañías do sector, a iluminación máis eficiente supón unha oportunidade. Trátase de elementos de iluminación máis innovadores e que, por tanto, son máis caros (entre dous e dez euros en termos medios fronte ós 60 céntimos da bombilla. Pero tamén ten unha duración que multiplica por 10 as 1.000 horas de vida da bombilla tradicional e reducen, á súa vez, a factura eléctrica.
Os críticos recordan que as lámpadas de baixo consumo máis eficientes contén mercurio. A Comisión Europea destaca que o máximo permitido son cinco miligramos, “un nivel máis baixo que o que ten un implante dental ou un termómetro antigo”. Bruxelas admite que 3.000 dos 50.000 empregos que hai en Europa neste ramo poden estar en perigo porque as bombillas fabrícanse aquí, mentres que as súas substitutas, as fluorescentes compactas solen ser importadas e de países asiáticos coma China. Por iso se ten aplicado sancións por vender por debaixo de custo. Os riscos en termos de emprego compénsanse cos beneficios dunha reducción da factura eléctrica global do 10% ó 15%, segundo a Comisión Europea.

Fonte:

El Periodico

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450