usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

Acordo entre EnergyLab y Atecyr

30/09/2011


O Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (EnergyLab) e a Asociación Técnica Española de Climatización e Refrixeración (Atecy) asinaron un acordo marco que pretende alcanzar unha mellora no uso eficiente da enerxía.

Para iso adquiren os compromisos que desenvolvesen en acordos específicos e que poderán considerar o traballo de ambas as dúas institucións en asesoramento mutuo, posibles colaboracións en formación, análise do sector, identificación de estudos e necesidades no ámbito enerxético dirixido aos profesionais da climatización que lles axuden a ampliar os seus coñecementos a nivel tecnolóxico e científico nesta área.
Así mesmo, é intención das entidades, traballar na elaboración de documentos de deseño e implantación de tecnoloxías de eficiencia enerxética na edificación, un sector que consume, aproximadamente, a cuarta parte de toda a enerxía final consumida en España, e asesorarán sobre os procedementos de certificación da eficiencia enerxética.
Calcúlase que preto do 27% do consumo enerxético nacional provén do sector servizos e doméstico. Á súa vez, deste consumo enerxético global, entre o 50-70%-70 é debido aos sistemas de climatización e de produción de auga quente sanitaria. Estes indicadores, reflicten a importancia de levar a cabo accións que permitan a promoción de medidas de eficiencia e aforro enerxético como elemento clave de sostibilidade e competitividade económica no sector edificatorio.

http://www.energetica21.com/noticia/acuerdo-entre-energylab-y-atecyr

Fonte:

ENERGÉTICA

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450