usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

O Centro Internacional de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, ENERGYLAB, constituíuse en Vigo coa presenza de todos os seus patróns.

12/09/2008


A vicepresidencia e a secretaría serán ostentadas respectivamente polo vicepresidente e conselleiro delegado de UNIÓN FENOSA, Honorato López Isla e polo director xeral de I+D+I da Xunta de Galicia, Salustiano Mato.


O Centro Internacional de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, Energylab, constituíuse en Vigo tras a firma da carta fundacional por parte de todos os membros que forman o Padroado.

Nesta reunión o Padroado confirmou como presidente de Energylab ao reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago e nomeou vicepresidente ao vicepresidente e conselleiro delegado de UNIÓN FENOSA, Honorato López Isla e secretario deste ao director xeral de I+D+I da Xunta de Galicia, Salustiano Mato. Así mesmo confirmouse a Elena González Sánchez como directora xeral de Energylab.


Entre os fundadores de Energylab están presentes empresas como Inditex, Indra, Finsa, Philips, GOC, UNIÓN FENOSA, Schneider Electric, a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), a Consellería de Innovación e Industria e as tres universidades galegas.


UNION FENOSA, xunto con outras empresas, universidades e a Consellería de Innovación e Industria, impulsaron a creación en Vigo de Energylab, como primeiro centro tecnolóxico internacional de eficiencia e sostibilidade enerxética con vocación de converterse nun punto de referencia nacional e internacional con capacidade para orientar, coordinar e liderar proxectos innovadores cun impacto destacado sobre a sociedade, a economía e o medio.

O seu principal obxectivo é o de impulsar o uso de tecnoloxías eficientes, cun menor impacto ambiental, a uns prezos competitivos e cun nivel de calidade e confort equivalente ou superior para o consumidor.

Tal e como se puido constatar cos índices anuais que miden a eficiencia enerxética en España, tanto no ámbito doméstico coma nas pemes, existe aínda un importante potencial de aforro e uns gastos que se poderían reducir tan só con cambiar algúns hábitos de consumo e equipamento básico.

A oportunidade deste centro susténtase en xuntar as esixencias e necesidades enerxéticas coa existencia de empresas tecnoloxicamente competitivas na implantación de sistemas e instalacións enerxéticas, así como de universidades que dispoñen de recursos materiais e humanos para o estudo.

Pica en DESCARGAR se queres consultar como recolleu a prensa esta noticia.

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450