usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

ENERGYLAB PRESENTA A SÚA PAXINA WEB, PARA DAR A COÑECER AS SÚAS ACTIVIDADES E SERVIZOS, ASÍ COMO AS TENDENCIAS ARREDOR DA EFICIENCIA E SOSTIBILIDADE ENERXÉTICA.

13/11/2009


O Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, engadirá en breve novos servizos ao seu sitio Web, convertendo esta nun lugar de encontro, interactivo e de transferencia de coñecemento.

EnergyLab, presentou a súa nova páxina web co obxectivo de dar a coñecer todas as súas actividades, así como identificar e presentar tendencias en novas tecnoloxías, arredor da eficiencia e sostibilidade enerxética.

Nesta primeira fase de lanzamento da web, fíxose un maior fincapé en potenciar a información sobre novas tecnoloxías en eficiencia enerxética, aplicadas aos diferentes sectores como a industria, o transporte, a edificación ou o sector domestico.

A través de menús despregables, o internauta pode consultar todo tipo de información sobre o centro, os seus proxectos, os sectores de actividade, axudas e últimas noticias sobre enerxía, así como os eventos máis relevantes do sector.


Novas funcionalidades

Ao longo das próximas semanas, o sitio on line de EnergyLab irá incorporando novos servizos e funcionalidades que incrementarán o seu potencial para o usuario. Crearase unha área privada, onde os usuarios rexistrados poderán encontrar a información mais detallada sobre a aplicación as tecnoloxías máis novidosas en proxectos concretos. Así como un acceso directo a todas as publicacións e boletíns que se vaian realizando.

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450