usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

sala de prensa

 

A Cámara de Comercio de Santiago asina un convenio con EnergyLab para ofrecer ás empresas asociadas descontos en asesoramento e servizos de eficiencia enerxética

01/07/2013


Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013 (Vía Láctea Comunicación).- A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (EnergyLab). O acto de sinatura estivo presidido polo titular da entidade cameral, Jesús Asorey, e o presidente de EnergyLab, Luis Ramiro Díaz López.

O acordo ten por obxecto definir e regular os mecanismos de colaboración entre EnergyLab e a Cámara de Comercio compostelá, para realizar un conxunto de actividades orientadas á promoción da eficiencia e sostibilidade enerxética nas empresas e en relación as súas actividades. O centro tecnolóxico, situado no Campus universitario de Vigo, ofrecerá servizos de apoio á eficiencia enerxética e asesoramento por encargo das empresas e cunha facturación directa que reflectirá un desconto do 10 por cento para todas as empresas socias da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Para conseguir unha mellora no uso eficiente da enerxía, a Cámara de Comercio de Santiago e EnergyLab colaborarán conxuntamente para realizar estudos enerxéticos e proxectos de I+D+i no ámbito enerxético nas empresas ou entidades electoras á entidade cameral que presenten un interese específico e capacidade para a realización dos investimentos identificados no estudio. Nestes posibles proxectos de implantación de tecnoloxías de eficiencia enerxética, EnergyLab ofrecerá asesoramento técnico e unha análise de viabilidade técnica e económica. Ambas entidades colaborarán en proxectos de demostración que se fagan en empresas que formen parte da Cámara de Comercio de Santiago.

Ademais, a Cámara de Comercio de Santiago e EnergyLab organizarán en común xornadas ou cursos para a difusión das tecnoloxías de eficiencia enerxética no ámbito cameral de Compostela, como mínimo programando un curso ao ano.

Pola súa parte, EnergyLab ofrecerá ás empresas socias da Cámara de Comercio de Santiago un servizo de apoio á eficiencia enerxética en temas de cálculo da pegada do carbono e análise do ciclo de vida, novos sistemas de medición tecnolóxicos, cursos de formación de persoal cualificado, actividades de sensibilización do persoal, asesoramento en trámites de xestión de compras de enerxía, asesoramento en contratación de servizos e validación de aforros enerxéticos, asesoramento xeral da materia, desenvolvemento de estudos de implantación de melloras de eficiencia enerxética e servizo de asesoramento en compra de equipos con parámetros de eficiencia enerxética.

Fonte:

EnergyLab

Enviar esta noticia a un amigo

« Volver ao listado

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450