usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

texnoloxías edificación

Edificios e Doméstico

En termos xerais, o consumo enerxético asociado á edificación supón en torno a un 30% do consumo enerxético global en España. Esta enerxía cobre principalmente as necesidades de climatización (calefacción e refrixeración), auga quente sanitaria e iluminación tanto no sector residencial coma no sector servizos.

En moitos casos, a longa vida útil das edificacións e as instalacións fai que o potencial de mellora en termos de Eficiencia Enerxética sexa moi alto. Este feito, identificado dende distintos ámbitos tecnolóxicos, sociais e políticos, levou a promoción de diversas medidas conducentes cara á xeneralización de modelos baseados nos denominados Edificios de Enerxía Casi Nula. Neste sentido, as novas directivas europeas formulan un escenario ambicioso de aplicación de medidas de eficiencia enerxética na edificación no horizonte 2020.

As melloras neste campo poden provir de tecnoloxías tales como:

- Sistemas de climatización de alta eficiencia, tanto na xeración coma na distribución
- Aplicación de sistemas eficientes de iluminación
- Uso de sistemas de xeración distribuída (microcogeneración, enerxías renovables) e realización de Smart cities
- Aplicación de novos materiais e solucións construtivas que melloren a envolvente térmica dos edificios
- Sistemas de control e xestión, etc.

Dende Energylab, a través de proxectos técnicos (demostrativos e de I+D), xornadas de difusión, estudos tecnolóxicos, etc., queremos contribuír a alcanzar un maior grao de Eficiencia na Edificación, co obxectivo final de optimizar o uso dos recursos dispoñibles e facer máis competitiva e sostible a nosa sociedade.

 

Normativa


Iluminación


Climatización


Doméstico


ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450