usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

tecnoloxías industria

Industria

A industria é probablemente o ámbito en que durante máis tempo se veñen aplicando medidas de eficiencia enerxética. Este tipo de optimizacións permiten alcanzar mellores condicións de competitividade no mercado xa que a influencia da enerxía consumida no prezo final do produto obriga a iso. A utilización racional da enerxía e o control das demandas, as enerxías novas e renovables e os aspectos enerxéticos do transporte son parámetros cos que é posible mellorar a posición dun produto no mercado.

Un dos obxectivos a desenvolver por Energylab é a concienciación a todos os niveis da influencia positiva que, tanto no medioambiente coma na economía ten a eficiencia enerxética. Dende o Centro Tecnolóxico EnergyLab traballamos en tarefas de identificación, desenvolvemento, e difusión de tecnoloxías, procesos, produtos e hábitos de consumo que permitan a mellora da eficiencia e sostibilidade enerxética na industria, a construción, o transporte e na sociedade en xeral.

Energylab con respecto á industria, realiza diagnoses enerxéticas e asesoramento acerca de novas tecnoloxías emerxentes que repercutan nunha maior eficiencia e sostibilidade. Ademais, co fin de difundir tecnoloxías e hábitos que favorezan a eficiencia e sostibilidade, organiza numerosas xornadas divulgativas e cursos de formación orientados a sectores específicos da industria.

Para levar a cabo liñas de mellora nesta dirección, as tecnoloxías máis empregadas a nivel industrial son, entre outras, a mellora do control de procesos - por exemplo nos sistemas de compresión de aire, bombeos e ventilación (mediante variadores de velocidade e uso de motores eficientes)-, a redución de fugas en sistemas de aire comprimido, o uso de sistemas de coxeración, o uso de enerxías renovables e a mellora de illamentos e iluminación.

Energylab investiga nas melloras de eficiencia en iluminación, illamento térmico das edificacións e naves de frío industrial, así como nos procesos de calefacción e aire acondicionado.

Con respecto a sectores como a agricultura, promovemos o emprego de solucións enerxeticamente eficientes como o emprego de variadores de velocidade en bombeos e os sistemas de telexestión.

Para que as devanditas medidas produzan o efecto desexado, é necesaria a correcta formación de profesionais. De non ser así córrese o risco de reducir o valor engadido que a eficiencia enerxética debe achegar ao conxunto da economía, poñendo en perigo o desenvolvemento do sector.

Para iso é de vital importancia a realización de correctos informes independentes de medida e verificación de aforros enerxéticos, que contribúan a despexar a desconfianza dos usuarios á hora de realizar un investimento e que garantan un retorno en forma de aforro.

 

Motores eléctricos


Aire comprimido




 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450