usuario

contrasinal

 

| Esquecín o meu contrasinal

| Alta de novo usuario

 

tecnoloxías mobilidade

Movilidade

O transporte, considerado como a mobilidade tanto de mercadorías coma de persoas, supón na Unión Europea dos 27 un 32% do total da enerxía consumida, erixíndose como o maior consumidor de entre os sectores de actividade social. En España esta cifra ascende ata un 36%. Desta enerxía, o 81% consúmese en motores de combustión alimentados con gasolina ou gasóleo, empregados na súa práctica totalidade no transporte por estrada.

Directamente ligado ao consumo enerxético, e dada a natureza da principal fonte de enerxía neste sector, encóntranse as emisións de CO2 e outros gases contaminantes. Como correspondería á mencionada distribución de consumo enerxético, a mobilidade presenta de novo o máis alto dos niveis de emisións de entre os sectores de actividade consumidores de enerxía con case un 20% do total dos gases de efecto invernadoiro.

Este escenario converte á mobilidade nun dos factores clave en materia enerxética e ambiental, e no sector de actividade no que a eficiencia enerxética ofrece beneficios máis notables en valor absoluto por pequena que sexa a mellora en valor especifico.

No caso de España, como no de calquera país cunha total dependencia do exterior no que se refire a derivados do petróleo, esa redución do consumo tradúcese directamente nun incremento na capacidade competitiva das nosas empresas e produtos ao diminuír notablemente o efecto dos carburantes.
Polo tanto, calquera actividade que supoña unha mellora no escenario da mobilidade actual supón non só unha notable redución na intensidade enerxética do sector senón tamén un maior grao de sostibilidade e o incremento da competitividade do país no escenario internacional.

Dende EnergyLab identifícase a mobilidade como un campo coa influencia suficiente para ter entidade propia en materia de eficiencia e sostibilidade, o que nos levou á constitución dunha área dedicada na que poder desenvolver a nosa actividade ofrecendo solucións integrais ao sector en temas tan cruciais como sistemas de propulsión alternativos, plans de mobilidade, novos combustibles e moitos outros.

 
ENERGYLAB, CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SUSTENTABILIDADE ENERxÉTICA
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n
Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo
Tel. 986 120 450